23 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.06.2014

Día Mundial do Medio Ambiente

O Concello de Foz conmemorou o Día Mundial do Medio Ambiente cunha visita á planta de tratamento de residuos de Sogama, en Cerceda, na que participaron alumnos do IES de Foz.

Recomendar Imprimir Atrás

2.3/5 [12 Voto/s]

Foz, 5 de xuño de 2014.- O Concello de Foz conmemorou este ano o Día Mundial do Medio Ambiente cunha visita a planta galega de tratamento de residuos de Sogama. A concelleira de Medio Ambiente, Maite López Rego, explicou que “este ano os encargados de representar ao noso concello na visita á planta de Cerceda foron os alumnos de 3º e 4º da ESO do IES de Foz, que dedicaron boa parte da tarde a visitar as instalacións e recibiron unha charla sobre todo o proceso de reciclaxe”.

López Rego engadiu que “dende a Concellería de Medio Ambiente seguimos na teima de concienciar aos veciños e veciñas do concello sobre a importancia que ten o reciclaxe na nosa vida cotiá. É fundamental saber en cal dos colectores de residuos debemos depositar cada cousa para que todo siga o seu proceso normal de reciclaxe. Esperamos que con esta e outras accións que se están levando a cabo sigamos na boa liña e consigamos que o Concello de Foz sexa un dos pioneiros no tratamento de residuos”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz