15 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.06.2014

Fogueiras de San Xoan.

O Concello de Foz anuncia os trámites necesarios para levar a cabo as tradicionais fogueiras de San Xoan e San Pedro.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 19 deste mes.

Recomendar Imprimir Atrás

2.5/5 [37 Voto/s]

Foz, 5 de xuño de 2014.- O Concello de Foz anuncia os trámites que deben facer os veciños do municipio para levar a cabo as tradicionais fogueiras de San Xoán e San Pedro. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 19 deste mes.

A concelleira Maite López Rego explicou que “con motivo das festividades de San Xoán e San Pedro dende a Concellería de Medio Ambiente queremos informar ós veciños dos trámites que se deben seguir para poder levar a cabo o tradicional acendido de fogueiras. Quen queira acender o lume da fogueira deberá comunicalo na oficina de Medio Ambiente, sita no Edificio Cenima, Avda. Da Ribeira, s/n ou no teléfono 982.13.31.59. Necesítase presentar o DNI e os datos da persoa que se faga responsable da fogueira e comunicar a ubicación exacta do lume. O prazo para presentar as solicitudes, remata ás 14:00 horas do vindeiro 19 de xuño”.

Maite López engadiu que “se establecen as seguintes normas ás que deberán axustarse as tradicionais fogueiras: queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos; as fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo; o responsable ou responsables e os organizadores de cada fogueira deberán retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima; en caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase a sufocar de inmediato a fogueira polo Servizo de Extinción de Incendios”.

“Dende a Delegación de Medio Ambiente e o Concello queremos desexarlle a tódolos veciños e veciñas de Foz unhas felices festas de San Xoán e San Pedro”, rematou a concelleira.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz