17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

02.06.2014

O alcalde de Foz felicita ao rapaz de Vilaronte Xoel García, do Club Kayak, por lograr o campionato de España de piragüismo en categoría infantil.

Javier Castiñeira anuncia que será recibido no Concello para agradecerlle en persoa que levara o nome de Foz tan alto.

Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [3 Voto/s]

Foz, 2 de xuño de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, felicita publicamente ao rapaz de Vilaronte Xoel García, do Club Kayak, por lograr o campionato de España de piragüismo en categoría infantil. O rexedor anuncia que o deportista será recibido na Casa do Concello para agradecerlle en persoa que levará o nome de Foz tan alto.

“Dende o Concello de Foz queremos felicitar a Xoel García, vixente campión de España de piragüismo na categoría infantil. Isto demostra o traballo que está a facer el persoalmente e tamén os seus monitores e o Club Kayak, de Foz, que consegue así un éxito deportivo sen parangón na nosa cidade e na comarca. Un campionato de España cun rapaz de Vilaronte é un éxito importante froito do bo traballo durante moitos anos do Club Kayak, de Foz. Hai que felicitar por suposto ao seu presidente, a Nacho, porque é unha aposta propia tamén del, que se está dedicando a buscar rapaces con talento para tratar de encamiñalos no piragüismo e Xoel é unha desas persoas”, manifestou Javier Castiñeira.

O alcalde engadiu: “a Xoel hai que darlle moito ánimo para seguir, porque quedan moitas cousiñas por diante; que siga con esa humildade que lle trasladaron sempre os seus pais, Loli e Javier, e dende logo estamos moi contentos e orgullosos dende o Concello de Foz, toda a corporación municipal. Vamos buscar a fecha para recibilo e agradecerlle en persoa que levara o nome de Foz tan alto no piragüismo nacional”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz