12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.05.2014

Novo aparcamento municipal no casco urbano de Foz

Comezaron as obras para crear un novo aparcamento municipal no casco urbano de Foz, concretamente na rúa Alfredo Brañas.

O alcalde explicou que estará rematado nuns días e que contará con 150 prazas de estacionamento.

Recomendar Imprimir Atrás

2.4/5 [8 Voto/s]

Foz, 28 de maio de 2014.- Deron comezo as obras para a creación dun novo aparcadoiro municipal no centro da vila, concretamente na rúa Alfredo Brañas. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anuncia hoxe que estará dispoñible dentro duns días nun terreo cedido pola familia López e que contará cunhas 150 prazas de estacionamento.

O rexedor explicou que “se iniciaron as obras de adaptación dun solar urbano privado para aparcadoiro municipal. En cuestión de días estará listo. Está situado na rúa Alfredo Brañas, baixando Corporacións Municipais. É un sitio importante, porque está moi cerca da praia da Rapadoira, do campo de fútbol Martínez Otero, do Campo da Cabana e dunha zona moi activa en hostalería na que se precisan prazas de estacionamento”.

Javier Castiñeira indicou que “despois de conseguir a cesión dese terreo por parte da familia López, á cal lle queremos agradecer que de xeito altruísta nos permita contar con esta zona para aparcadoiro de vehículos de forma provisional”.

O alcalde focense engadiu que “estamos moi contentos porque imos conseguir máis de 150 prazas de estacionamento e virannos moi ben agora que empeza a época estival. Quedarán aí para utilizar durante todo o ano, mentres non se faga uso da finca, tal e como acordamos co particular. Estamos moi satisfeitos porque vai cubrir unha necesidade moi importante de aparcadoiros, sobre todo nun pobo que triplica a súa poboación durante os meses de verán”.

Castiñeira engadiu: “nese sentido tamén se iniciaron as obras por parte de Tragsa e de Costas para crear varios aparcadoiros nas inmediacións da praia de Llas, onde tamén se habilitarán outras 150 prazas tanto na zona do propio areal como na parte superior, onde se retiraron algunhas das lousas de formigón que había alí”.

O rexedor considera que “hai unha necesidade importante de prazas de aparcamento nos areais e no núcleo urbano e se están a facer as xestións pertinentes para mellorar e ampliar as zonas de aparcadoiro municipais no concello de Foz”. 
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz