24 de Xuño de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.05.2014

Viaxe a Quiroga organizada polo Concello.

O alcalde de Foz anima aos veciños a participar na viaxe a Quiroga organizada polo Concello para asistir á XIV Mostra do Aceite este vindeiro domingo.

Aínda quedan algunhas prazas e o prazo para apuntarse remata mañá, venres.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [34 Voto/s]

Foz, 15 de maio de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anima aos veciños a participar na viaxe a Quiroga organizada polo Concello para asistir á XIV Mostra do Aceite este vindeiro domingo, día 18. O rexedor explicou que aínda quedan algunhas prazas libres e o prazo para apuntarse remata mañá, venres.

“Quedan as últimas prazas para a viaxe á XIV Mostra do Aceite de Quiroga, que faremos o próximo domingo. Sairá un autobús ás 9 e media da mañá dende a Casa do Concello cara a Quiroga e alí visitaremos a Mostra do Aceite, comeremos e ademais veremos o museo etnográfico. E á volta, para completar a viaxe, visitaremos tamén o mosteiro de Samos, no que estaremos acompañados por unha guía e trataremos de ver unha mostra do patrimonio histórico da Ribeira Sacra”, comentou Javier Castiñeira.

O alcalde recordou que os veciños de Quiroga estiveron na Festa do Chicharrón o pasado fin de semana “e cumpriron con Foz perfectamente e o Concello quere animar a todos os focenses a acercarse a Quiroga. Para anotarse teñen que chamar ao teléfono do Concello 982.140.027 e poñerse en contacto con Pili López. O prezo da viaxe son 20 euros e vai incluído tanto o autobús como a comida e as entradas ao museo etnográfico de Quiroga e ao mosteiro. Todos os que o desexen teñen de prazo para anotarse ata mañá, venres. Iremos tamén varios membros da corporación para acompañar aos veciños.  A intención é pasar un bo día todos xuntos, un domingo agradable na Ribeira Sacra, traer unha mostra do mellor aceite de Galicia e quizais algunha botella de viño de Quiroga”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz