19 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

02.05.2014

O Concello de Foz executa obras para mellorar á entrada á vila dende Fazouro e a Xunta actuou no vial de Fazouro a San Acisclo.

Recomendar Imprimir Atrás

4.0/5 [37 Voto/s]

Foz, 2 de maio de 2014.- O Concello de Foz executa obras para mellorar á entrada á vila dende Fazouro e a Xunta de Galicia actuou no vial de Fazouro a San Acisclo.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, explicou hoxe que “o Concello de Foz segue a arranxar e limpar á entrada á vila dende Fazouro e agora quedanos soamente cortar unhas pequenas árbores que quitan algo de visibilidade e logo poñer as biondas e as sinais, que non entendo como podía estar aquela zona sen elas. Por conseguinte o Concello cumpre desta maneira co que nos tiñan solicitado algunhas persoas particulares de Fazouro e tamén colectivos que se interesaban por esa entrada”.

Ademais Pedro Fernández Manín fixo público “o agradecemento, en nome do equipo de goberno do Concello de Foz, á Xunta de Galicia pola limpeza de árbores que fixo na estrada que une Fazouro con San Acisclo, actuación que fora solicitada polo Partido Socialista nun pleno. Tamén pedían que se arranxara o firme, pero a isto a Xunta contestounos que non se pode facer agora por falla de presuposto pero que se levará a cabo máis adiante”.

O concelleiro focense de Medio Rural rematou comentando que “podía ir tomando nota a Deputación Provincial porque dende que estamos no goberno en Foz non gastou nin un só euro. E hai que ter en conta que hai rúas, como a avenida de Álvaro Cunqueiro, que son propiedade dela e nin fixo beirarrúas nin arranxou as fochas que ten. Por conseguinte a Deputación de Lugo debería tomar nota do que fai a Xunta de Galicia polo Concello de Foz e que empece a actuar”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz