29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

29.04.2014

Primeira edición da festa dedicada ao chicharrón.

O Concello de Foz organiza a primeira festa dedicada ao chicharrón os días 10 e 11 de maio.

Haberá degustacións deste peixe e outras actividades no Campo da Cabana e en locais hostaleiros focenses.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [33 Voto/s]

Foz, 29 de abril de 2014.- O Concello de Foz organiza a primeira edición da festa dedicada ao chicharrón os días 10 e 11 de maio. Haberá degustacións deste peixe e outras actividades no Campo da Cabana e en locais hostaleiros focenses.

O concelleiro de Medio Rural e Mar, Pedro Fernández Manín, explicou hoxe que “dispuxemos facer esta festa porque o chicharrón é un dos produtos orixinais de Foz, toda a comarca da Mariña e parte do interior, pois incluso se comenta que se chegaba vendendo o chicharrón ata o concello de Abadín; é dicir, era o que se chamaba o pan de cada día. Todo Foz collía e repartía chicharrón, polo que entendemos dende o Concello que para todo o pobo de Foz debería haber unha festa con este peixe, tal como se fixo co berberecho, para poder degustalo”.

Pedro Fernández Manín destacou que “facemos esta festa nun sitio que pertence a un barrio mariñeiro, como é o Campo da Cabana, pois entendemos que é o lugar idóneo”.

O programa de actividades para este festexo gastronómico será presentado nos vindeiros días.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz