22 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

23.04.2014

Continuidade da Acia local

O alcalde de Foz destaca publicamente a importancia da continuidade da Acia local con José Carlos Paleo na presidencia.

Javier Castiñeira resalta o labor que realiza o colectivo para a promoción do concello.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [39 Voto/s]

Foz, 23 de abril de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou hoxe publicamente a importancia da continuidade da asociación de comerciantes, industriais e autónomos (Acia) local con José Carlos Paleo na presidencia. O rexedor resalta o labor que está realizando este colectivo empresarial para a promoción do concello.

“Respecto ao nomeamento novamente de Xosé Carlos Paleo como presidente da Acia de Foz, como alcalde deste concello e como persoa que colaborou con el todos estes anos quero mostrar a miña ledicia porque sabemos que está traballando arreo polo comercio e a hostalería focense. A Acia está tendo un funcionamento moi bo na promoción xa non só dos locais asociados senón de todo o concello e entón quedámonos moi tranquilos porque Xosé Carlos Paleo e parte da directiva estean dispostos a seguir comandando unha Acia que unha das máis activas da Mariña, que promoveu a formación da federación de Acias, un proxecto de futuro importante para traballar asociados en común dende o comercio da Mariña”
, manifestou Javier Castiñeira, que tamén comentou que a Acia focense “impulsou a feira multisectorial que se fixo o verán pasado en Foz, que tivo moito éxito a súa primeira edición e vamos seguir coa segunda”.

O alcalde fixo públicos os seus “parabéns para todos os que aparte de emprendedores profesionais son emprendedores sociais e seguen colaborando en facer actos no noso concello, moi ben dirixidos por Xosé Carlos Paleo, pero este é un traballo en equipo de toda a directiva. E hai que seguir animando a todos os comerciantes, industriais e hostaleiros de Foz a que sigan na Acia, que é fundamental para saír adiante nestes momentos de dificultades económicas con iniciativa. Creo que veñen momentos bos e non hai persoa mellor agora mesmo para seguir encabezando o proxecto da Acia que Xosé Carlos Paleo e o resto da directiva”.

Castiñeira engadiu que “debemos seguir aí para todo o que necesite a Acia, traballando dende a Mesa Local do Comercio como levamos facendo e continuar preparando as actividades que agora nos van ocupar, que son as do verán, como a Festa Normanda, que tamén foi iniciativa desta directiva da Acia, e seguir abondando nos asuntos importantes para o comercio local de Foz. Aí estará sempre o Concello”.

O rexedor rematou dando as grazas aos membros da directiva da Acia de Foz que xa estaban e a benvida aos que se incorporarán agora.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz