17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

02.04.2014

Apertura da Oficina de Turismo en Semana Santa.

A Oficina de Turismo de Foz abrirá do 14 ao 19 de deste mes para atender aos visitantes durante a Semana Santa.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [51 Voto/s]

Foz, 2 de abril de 2014.- A Oficina de Turismo de Foz abrirá do 14 ao 19 deste mes de abril para atender aos visitantes que se acheguen ao concello durante a Semana Santa.

A concelleira de Turismo, Maite López Rego, anunciou hoxe que a Oficina de Turismo focense estará aberta do 14 ao 19 deste mes “con motivo da Semana Santa, que é tempada alta en canto á afluencia de turistas ao municipio. Agardamos a chegada do moitos visitantes para gozar da variada oferta cultural do noso concello, ademais do patrimonio, as paisaxes e a gastronomía que Foz ofrece”.

A Oficina de Turismo de Foz está no edificio do Cenima, na avenida da Ribeira, e do 14 ao 19 deste mes abrirá de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz