12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.03.2014

A construción da residencia de maiores en Foz inclúese no orzamento para 2014 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Foi aprobado hoxe nunha asemblea á que asistiu o alcalde focense.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [24 Voto/s]

Foz, 27 de marzo de 2014.- A construción da residencia de maiores en Foz inclúese no orzamento do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para este ano 2014. Foi aprobado hoxe nunha asemblea celebrada en Santiago de Compostela, xuntanza á que asistiu o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

Despois da asemblea o rexedor municipal explicou que “aprobáronse por amplísima maioría os orzamentos para o ano 2014, nos que relativo a Foz está a obra do xeriátrico, que comezará nun futuro moi próximo, probablemente antes do verán, posto que xa tíñamos moi boas novas a pasada semana, cando saíu a licitación dese proxecto cun investimento de 2.225.000 euros. Pero no día de hoxe vense de confirmar ese obxectivo prioritario que é a construción da residencia e polo tanto estamos contentos de que estea contemplado nos orzamentos do Consorcio. Son datos que evidentemente xa tíñamos pero que hoxe se plasmaron e se aprobaron por amplísima maioría dos membros do Consorcio Galego”.

Polo tanto Javier Castiñeira agradece publicamente “a todos aqueles que facilitaron que se aprobaran estes orzamentos e en especial ao propio xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, por ter apostado por este proxecto de Foz, que é moi demandando dende hai varios anos e moi necesario. Polo tanto quero dar as grazas á Xunta de Galicia, que vai asumir o cen por cen dos custes, e agora quedamos á espera de que unha vez saia a adxudicación e contratación empecen o antes posible os traballos”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz