19 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

25.03.2014

Programación cultural do mes de abril.

A programación cultural do Concello de Foz para abril inclúe teatro, música, danza e os actos de Semana Santa na basílica de San Martiño.

Recomendar Imprimir Atrás

2.3/5 [6 Voto/s]

Foz, 25 de marzo de 2014.- A programación cultural do Concello de Foz para o vindeiro mes de abril inclúe actividades de teatro, música, danza e os actos de Semana Santa que se celebrarán na basílica de San Martiño.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, anunciou que a primeira actividade será o día 5 de abril, sábado, “cunha obra de teatro da compañía TrasPediante titulada Baleadas, que é un espectáculo de danza e animación para todos os públicos no que se utilizan as gafas 3D e os cativos tamén se implican nela. Terá unha duración aproximada dunha hora e será na sala Bahía ás seis e media da tarde con entrada gratuíta para todo o mundo”.

Ánxel Paleo tamén destacou que o 12 de abril, sábado, “comezarán os actos da Semana Santa en San Martiño co pregón ás 19:45 horas na basílica e faranse diferentes concertos, nos que participarán a Coral Polifónica de Foz, o Coro de Cámara de Viveiro, o grupo Ribadeo Brass, o Orfeón Lucense e o grupo de música Spiritual. Un dos días máis importantes desta Semana Santa de San Martiño é o venres santo, no que se representará ás doce do mediodía o Acto das Sete Palabras e pola tarde, a partir das cinco, escenificarase o Desencravo e farase a tradicional procesión polo barrio de Caritel. Quero recordar que todos os concertos serán na basílica e agradecer o esforzo e traballo que están a facer os membros da Confraría do Desencravo, que ano tras ano estanse a superar na organización dos distintos actos e fai que a Semana Santa de San Martiño sexa un dos referentes para todos os veciños do concello e da Mariña en xeral”.

O último acto incluído na programación cultural do Concello de Foz para abril será “o luns 21 ás seis e media da tarde na biblioteca pública, onde haberá un contacontos para nenos de 4 a 8 anos a cargo da compañía Trinke Trinke Teatro e titulado Aventuras na cociña”, explicou o edil de Cultura, quen rematou invitando a todos a asistir a esta programación e desexando que o pasen ben con estas actividades.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz