29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

21.03.2014

Sofocado o incendio forestal iniciado onte en San Acisclo

O alcalde de Foz agradece o traballo dos que participaron na extinción do incendio forestal iniciado onte en San Acisclo.

Estímase que afectou a case 50 hectáreas de monte e que as perdas superan os 200.000 euros, pero non houbo danos persoais e evitouse que chegara a vivendas.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [51 Voto/s]

Foz, 21 de marzo de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, agradece o traballo realizado polos efectivos que participaron na extinción do incendio forestal iniciado onte en San Acisclo. Estímase que afectou a case 50 hectáreas de monte e que as perdas superan os 200.000 euros, pero non houbo que lamentar danos persoais e evitouse que chegara a vivendas.

O rexedor municipal focense explicou esta mañá que “este desgraciado incendio que tivemos onte na parroquia de San Acisclo e que pasou cara ao concello de Valadouro, concretamente en Moucide, foi de bastante envergadura. A valoración inicial dunhas 20 hectáreas creo que se quedou corta e practicamente estamos no dobre, con case 50 hectáreas de monte afectado. Estamos a falar duns danos importantes pero en definitiva só son materiais no monte porque non chegou a afectar a ningunha vivenda, que era o principal obxectivo das brigadas no momento máis complicado, que foi arredor das 8 da tarde, cando o lume estaba máis descontrolado”.

Javier Castiñeira destacou que “os medios de extinción estiveron moi acertados. Houbo moita colaboración tanto da Xunta de Galicia como do Estado e tamén os medios propios de Protección Civil máis o grupo de emerxencias supramunicipal de Cervo. O medo que tíñamos era que se metera a noite con chamas pero antes das doce practicamente os frontes estaban xa extinguidos. Axudou moito que á noitiña refrescara e caera esta choiva, que veu moi ben para arrefriar a zona. Houbo momentos nos que había máis de dez brigadas na extinción do incendio, de seis a oito motobombas traballando e varios helicópteros da brigada de Ourense. A todos eles quero agradecerlles o seu labor.”

O alcalde de Foz engadiu que “agora queda avaliar os danos económicos, que probablemente pasen dos 200.000 euros, facendo unha valoración grosso modo. O máis importante é que non hai que lamentar ningún dano persoal nin en casas”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz