29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

20.03.2014

Hoxe abriuse o proceso de licitación da residencia e centro de día do concello de Foz.

A construción da residencia e centro de día para maiores en Foz sae hoxe a licitación no DOG. A finca onde se situará foi visitada esta mañá por responsables da Xunta de Galicia e do Concello.

O alcalde estima que as obras empezarán a principios do verán, para o que xa foi solicitada a licenza municipal.

Recomendar Imprimir Atrás

1.4/5 [23 Voto/s]

Foz, 20 de marzo de 2014.- A construción da residencia e centro de día para maiores en Foz sae hoxe a licitación no Diario Oficial de Galicia. A finca onde se situará o edificio foi visitada esta mañá pola delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Raquel Arias; o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez; o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; os concelleiros Pedro Fernández Manín e Mercedes González Alonso e o arquitecto redactor do proxecto.  O rexedor municipal estima que as obras empezarán a principios do verán, para o que xa foi solicitada a licenza municipal.

Javier Castiñeira manifestou que para Foz “é unha moi boa noticia, porque supón facer realidade un proxecto que é unha necesidade moi grande no noso concello. Somos pioneiros no coidado dos nosos maiores co asilo de anciáns que pertence á Fundación Martínez Otero, pero temos unha deficiencia importante de infraestruturas públicas na cobertura xeriátrica. O compromiso do Consorcio Galego cúmprese perfectamente nunha época de verdadeiras dificultades económicas, pero era un compromiso adquirido polo propio presidente da Xunta de Galicia, o señor Núñez Feijoo, e a día de hoxe practicamente xa é unha realidade, posto que unha vez que pase o proceso de licitación, que levará arredor de dous meses, comezará a obra a principios do verán. Para este ano hai cerca de 550.000 euros nesa partida orzamentaria e para o que vén hai unha moito maior porque se vai traballar de forma continua”.

O alcalde agradeceu “o compromiso da Xunta de Galicia co noso concello con esta infraestrutura e mostrar a nosa ledicia porque esta obra vai empezar xa no verán” e explicou que “queda agora un pequeno proceso administrativo que vamos facer no pleno, porque había un compromiso de cesión do terreo pero neste vindeiro pleno vai ir por urxencia a cesión definitiva dos terreos, unha vez que está xa está licitado e hai un proxecto cunha licenza pedida. Polo tanto espero que a corporación evidentemente non poñerá pegas para ceder definitivamente o terreo. Eses son os pasos administrativos que quedan”.

O rexedor municipal rematou destacando que “é unha gran noticia coa que debemos estar moi contentos todos os membros da corporación e todos os entes que participamos en reclamar esta infraestrutura”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz