13 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

19.03.2014

Os portavoces municipais de Foz reuníronse con responsables da empresa Gestagua e co técnico encargado de asesorar ao Concello para analizar como debe aplicarse a actualización do prezo da auga, que leva sen facerse dende 2007.

O alcalde focense destaca a boa disposición de todos os participantes na xuntanza.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [25 Voto/s]

Foz, 19 de marzo de 2014.- Os portavoces municipais de Foz reuníronse con responsables da empresa Gestagua e co técnico encargado de asesorar ao Concello para analizar como debe aplicarse a actualización do prezo do subministro de auga, que leva sen facerse dende o ano 2007. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, destaca e agradece a boa disposición que houbo por parte de todos os participantes na xuntanza.

O rexedor municipal explicou que “onte a xunta de portavoces, formada polos responsables dos grupos políticos da corporación municipal de Foz, reunímonos cos responsables da empresa Gestagua, que é a concesionaria do servizo de augas e depuración do noso concello, e tamén participou na xuntanza o técnico ao que se lle encargou o asesoramento ao Concello neste asunto. Teño que agradecer o clima da reunión por parte de todos os portavoces e tamén dos responsables da empresa. O técnico explicounos perfectamente cal é o desenvolvemento desa fórmula de actualización, porque hai que entender que contractualmente hai un compromiso con Gestagua de actualizar os prezos todos os anos de acordo a unha fórmula na que se aplica o custe da man de obra, da enerxía eléctrica e do tubo. No seu momento había discrepancias en que coeficientes aplicar e o técnico aclarou perfectamente a situación e despois abriuse unha liña de negociación coa empresa”.

Javier Castiñeira engadiu que “todos sabemos que contractualmente isto está ocasionando uns prexuízos a Gestagua por unha débeda que está practicamente cuantificada. A maioría dos grupos entendemos que a fórmula debe aplicarse de acordo ao informe que fixo o técnico e a partir de aí entramos agora nun momento da negociación coa empresa Gestagua para ver como se fai progresivamente esa actualización de prezos. Entendemos dende a corporación que facela toda de golpe sería un grave prexuízo polo que queremos levala a cabo de forma progresiva, pero evidentemente debe entenderse que hai un contrato no que se contempla unha actualización de prezos e dende o ano 2007 os abonados de Foz non tiveron a suba da auga que correspondía por contrato. Por esta situación está sufrindo un grave prexuízo a empresa, que llo trasladará ao Concello”.

O alcalde destacou que na xuntanza de onte “houbo un bo clima e bastante acercamento buscando unha solución a esas débedas. Os grupos expuxeron as súas inquedanzas aos propios responsables de Gestagua, intercambiamos opinións e quero felicitar aos representantes dos grupos políticos e aos de Gestagua porque creo que hai un bo clima para solucionar este problema, que se non se resolve agora ocasionará débedas importantes ao Concello que lle afectarán a esta corporación e a seguinte, posto que o contrato remata no ano 2017. Polo tanto creo que esta é a forma de afrontar este grave problema e espero que se solucione o antes posible”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz