12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.03.2014

Retirada de restos arqueolóxicos destapados polo temporal.

O alcalde de Foz, operarios municipais, un arqueólogo da Xunta de Galicia e membros da asociación Mariña Patrimonio retiraron hoxe tres muíños de man destapados polos últimos temporais en castros do litoral focense.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [44 Voto/s]

Foz, 13 de marzo de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, operarios municipais, un arqueólogo da Xunta de Galicia e membros da asociación Mariña Patrimonio retiraron hoxe tres muíños de man que foron destapados polos últimos temporais en castros do litoral focense, concretamente na zona comprendida entre O Ollo do Mar e O Carreiro.

O rexedor municipal explicou que “foron retiradas tres pezas de muíños de man que había localizadas nos castros costeiros que hai entre O Ollo do Mar e O Carreiro, moi cerquiña do paseo marítimo de Foz. Quedaron á vista polos últimos temporais e por temor a que alguén puidera levalas decidimos retiralas e que queden custodiadas en dependencias do Concello de Foz”.

Javier Castiñeira destacou que “chama a atención que son tres pezas moi ben feitas e denota a actividade que había nos séculos II e III na costa de Foz. Xa temos o castro de Fazouro, que é unha referencia de castro costeiro no noso municipio, e demostra que en toda a costa había múltiples asentamentos castrexos con moita actividade diaria. Proba disto son estas tres pezas de muíños de man que se atoparon en menos de 50 metros e que o temporal deixou á vista”.

O alcalde agradeceu “a colaboración dos técnicos da Xunta de Galicia e do departamento de Patrimonio, porque autorizou a retirada, e por suposto a colaboración dos amigos da asociación Mariña Patrimonio, que foron os que os descubriron e se puxeron en contacto comigo. Entre todos fixemos as xestións para poder retiralos e agora quedan a bo recado na Casa da Cultura”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz