19 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

12.03.2014

A biblioteca municipal de Foz organiza a Programación das Letras.

A biblioteca municipal de Foz organiza unha programación de actividades culturais que empeza este sábado, día 15, e desenvolverase ata o mes de maio.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [21 Voto/s]

Foz, 12 de marzo de 2014.- A biblioteca pública municipal de Foz organiza unha programación de actividades culturais que empeza este sábado, día 15, e desenvolverase ata o mes de maio.

Esta serie de actividades denominase Programación das Letras porque inclúe actos para celebrar o Día do Libro, que se conmemora o 23 de abril, e o Día as Letras Galegas, que é o 17 de maio.

Comeza este sábado, día 15, ás 20 horas co Festival dos Namorados, no que se entregarán os premios aos galardoados no XIII certame de poemas de amor e actuará a cantante Najla Shami. A segunda actividade será o 21 de abril, luns, ás 18:30 horas a cargo de Trinke Trinke Teatro que ofrecerá o contacontos teatral para nenos de 4 a 8 anos titulado Aventuras na cociña. O 15 de maio, xoves, ás 11:30 horas Teatro Babaluva ofrecerá Retratando a Díaz Castro na biblioteca escolar do IES de Foz. Tamén se inclúe o certame de narración e debuxo Letras Galegas 2014 en maio, mes no que tamén haberá visitas escolares á biblioteca pública municipal de 10 a 14 horas.

O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo Soto, explicou que esta programación é “unha proposta para todas as idades, onde se mestura actuación musical con poemas con contacontos para os máis pequenos e un obradoiro para os mozos, así como o clásico Certame das Letras Galegas de narración e debuxo. O Concello patrocina estas actuacións coa colaboración do programa Ler conta moito, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, á que damos as grazas pola súa achega”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz