22 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

11.03.2014

Inscripción para as probas do Celga na biblioteca municipal de Foz

Na biblioteca municipal de Foz pode facerse a inscrición para participar nas probas para o obtención dos certificados de lingua galega Celga que se realizarán en xuño deste ano.

O prazo remata o 11 de abril.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [28 Voto/s]

Foz, 11 de marzo de 2014.- Na biblioteca pública municipal de Foz pode facerse a inscrición para participar nas probas para a obtención dos certificados de lingua galega Celga que se realizarán en xuño deste ano. O prazo para apuntarse remata o día 11 de abril.

A concelleira de Educación en Foz, Mercedes González Alonso, anunciou hoxe a resolución do 6 de marzo de 2014 da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2014 (ED114A). As datas de realización das probas son as seguintes: para Celga 4, o 14 de xuño; para Celga 2, ao día seguinte; para Celga 3, o 21 do mesmo mes; e para Celga 1, o día 22 de xuño.


Mercedes González engadiu que o prazo para presentar as solicitudes e aboar a taxa será ata o día 11 de abril de 2014 (inclusive). Segundo o previsto na Lei de Orzamentos, o importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,61 euros.

 Os interesados poden apuntarse na Biblioteca Pública Municipal de Foz 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Tamén poden obter máis información chamando ao teléfono 982.14.06.75  ou enviando un correo electrónico á dirección biblioteca@concellodefoz.es.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz