18 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

11.03.2014

Agresión medioambiental en Foz.

Seprona e Policía Local de Foz buscan aos autores dun vertedoido ilegal de escombros aparecido nun camiño público que une Forxán con Fazouro.

O alcalde focense advirte que o Concello non vai consentir este tipo de agresións ambientais.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [45 Voto/s]

Foz, 11 de marzo de 2014.- O Seprona, da Garda Civil, e a Policía Local de Foz están buscando aos autores dun vertedoiro ilegal de escombros que apareceu nun camiño público que une Forzán con Fazouro, concretamente na zona da Granda. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, advirte que o Concello non vai consentir este tipo de agresións ambientais.

“Dende o Concello de Foz vimos de tramitar unha denuncia por un vertido ilegal de escombros na zona da Granda, concretamente nun camiño público que vai dende Forxán ata Fazouro por detrás do polígono e da antiga fábrica de Pardiñas. É bastante grande, trátase practicamente dun camión de escombros que incluso está ocupando parte do camiño con uralitas, restos de tellados, de ladrillos, etcétera. Coincide cunha obra de reforma e hai varias probas que nos poden levar ao autor. Están a Policía Local e o Seprona investigando”, explicou o rexedor municipal.

Javier Castiñeira advirte que o Concello “non vai consentir dende logo este tipo de agresións medioambientais. Estamos acostumados a ver vertidos nesa zona pero evidentemente está claro que hai que investigalos. E aproveito para avisar a todos aqueles que teñan esa forma de proceder, sexan autónomos, empresas ou particulares que están vertendo diferentes escombros ou incluso restos de podas de forma ilegal que contra iso hai sancións mediambientais moi graves”.

O alcalde de Foz recomenda que “antes de facer calquera vertido deben pensalo ben e dende o Concello vamos seguir prestando, como fixemos sempre, o apoio da Oficina Municipal de Medio Ambiente para tratar de informar a todos a aqueles de queiran sobre como debe facerse o traslado destes vertidos”.

Castiñeira espera “dar coa persoa ou empresa que fixo este vertido e tramitaremos a multa administrativa correspondente, tanto dende o Concello como dende o Seprona, para tratar de sancionar a esta xente que está agredindo o noso entorno nunha zona moi interesante, próxima a área do Bispo Santo, lugar ao onde tamén hai xente se achega a botar equipamentos, electrodomésticos, escombros ou restos de podas, que son completamente ilegais e que danan zonas importantes medioambientalmente, incluso onde hai áreas recreativas. Polo tanto perseguiremos este tipo de actitudes e todos aqueles que non o teñan claro poden acudir á Oficina Municipal de Medio Ambiente, no Cenima, para informarse”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz