23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.03.2014

O portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, intenta danar a imaxe do Entroido de Foz

Ao goberno local de Foz sorpréndenlle as críticas ao Entroido do portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, porque “é a primeira vez que un membro da corporación intenta politizar e danar a imaxe deste festexo, que é de todos os focenses”.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [26 Voto/s]

Foz, 10 de marzo de 2014.- O goberno municipal de Foz amosouse sorprendido polas críticas ao Entroido da localidade realizadas polo portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, porque “é a primeira vez que un membro da corporación intenta politizar e danar a imaxe deste festexo, que é de todos os focenses”, manifestou hoxe o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

“Ao grupo de goberno parécenos bastante incoherente que unha persoa que estivo moitos anos traballando na organización do Entroido (cando foi concelleiro de Cultura) que sexa o primeiro que o critica, cando nunca se tratou de politizar. Eu creo que é a primeira vez na historia que un grupo político trata de politizar o Entroido de Foz, que non é de ningún partido político nin da corporación municipal nin do grupo de goberno, senón que é de todos os focenses. Aquel que critique o Entroido de Foz está intentando danar a imaxe do noso concello e dun dos mellores Carnavais de Galicia. Parécenos incoherente que sexa o primeiro que critique a todos aqueles compañeiros que lle axudaron a el mesmo a facer esas festas
”, dixo o rexedor municipal.

Javier Castiñeira engadiu que “entendemos esas críticas do señor Cancio posto que sabemos que a esta persoa o Carnaval de Foz dálle igual e o primeiro que fai cando se achegan estas festas é organizar viaxes coa súa asociación para ir a outros Entroidos, como é o de Lalín, e sacar á xente do pobo”.

O alcalde tamén explicou que “como en todo, no Entroido puido haber fallos e cousas que poderemos ter que corrixir pero dende logo non vamos deixar que ninguén, sobre todo da corporación, trate de danar a imaxe dun dos mellores Entroidos de Galicia. Polo tanto dicímoslle ao señor Cancio novamente que deixe de criticar, que deixe de tratar de danar a imaxe do pobo querendo danar a do grupo de goberno. Ese señor que critica as festas, que está todo o día dicindo que hai que quitar orzamentos das festas para facer outras cousas, chama a atención que sexa o primeiro tamén que critique a súa organización. Pero temos que dicirlle ao señor Cancio que todos os que estivemos na organización e todos os traballadores municipais estamos moi contentos do resultado do Entroido. Non houbo ningún tipo de problema nin incidentes e a participación foi moita, como todos os anos. Polo tanto, estamos moi contentos e moi tranquilos e dicímoslle ao señor Cancio que reme a favor, que se deixe de tirar pedras contra o seu propio tellado e que o grupo de goberno está para colaborar, sempre en positivo e non en negativo como está facendo el dende que está na oposición”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz