21 de Maio de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.02.2014

Técnicos da Consellería de Educación desprazaráronse ata Foz para valorar os danos no IES de Foz

Operarios municipais retiraron esta mañá os materiais estragados polo temporal no IES de Foz, onde mañá xa haberá clases.

A busca do rapaz desaparecido o domingo está suspendida por mar e aire, pero continúa por terra.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [27 Voto/s]

Foz, 5 de febreiro de 2014.- Operarios municipais retiraron esta mañá os materiais estragados polo temporal de onte no IES de Foz, onde mañá, xoves, xa haberá clases. Explicouno hoxe o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, despois de visitar o centro. O rexedor tamén comentou que a busca do rapaz desaparecido o domingo está suspendida por mar e aire, pero continúa por terra.

“Hoxe ás oito da mañá operarios do Concello procederon a retirar todos os escombros que ocasionou o temporal de onte na cuberta do pavillón do IES de Foz. Os danos son importantes e retiráronse arredor de 200 metros cadrados de pranchas metálicas de 6 metros, que á súa vez danaron parte da fachada e levaron por diante sete ou oito ventás de aulas do edificio do IES de Foz”, manifestou Javier Castiñeira.

O alcalde destacou que “a sorte neste caso foi que os alumnos estaban nas súas casas e só temos que lamentar danos materiais, que foron cuantiosos. Hoxe os técnicos da Consellería de Educación estiveron con nós e cos directivos do IES valorando os danos e analizando como vamos facer os traballos para volver á normalidade. O que se conseguiu é que mañá os alumnos poidan volver ás clases, posto que hoxe quedaron suspendidas para evitar calquera tipo de incidencia que fora en contra da seguridade dos alumnos”.

Castiñeira agradeceu “a dispoñibilidade de todos os medios humanos e materiais dos compañeiros do Concello e de Protección Civil, que están facendo un traballo enorme nun momento delicado no que se están acumulando numerosos incidentes provocados polas inclemencias meteorolóxicas. Seguimos en alerta e quero dicirlles novamente a todos os veciños e cidadáns que teñan moita preocupación, que non se acheguen á costa, que deixen as fotografías para un mellor momento, porque calquera sitio do litoral e que estea exposto ás inclemencias do tempo é perigoso. A costa está moi inestable e calquera sitio pode causar un incidente grave, como lle sucedeu ao noso veciño de 15 anos Andrés, que segue en busca”.

O rexedor focense explicou que os labores de busca seguen por terra, pero están paralizadas por mar e aire, posto que “as inclemencias do tempo non permiten saír aos helicópteros e á lancha Salvamar, que están tamén pendentes de posibles incidencias como a de onte, que tiveron que saír a rescatar cinco tripulantes dun mercante. O Concello ten ao equipo de Protección Civil rastrexando polas praias e o resto de Concellos próximos tamén están colaborando, polo que hai que agradecerllo aos equipos de emerxencias de Barreiros e Cervo”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz