16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

29.01.2014

Reunión do alcalde cos hosteleiros das rúas próximas á Rapadoira

O alcalde de Foz iniciou as reunións cos hostaleiros das rúas próximas á praia da Rapadoira para unificar as terrazas que se colocarán nesa zona, como se fixo na praza Conde de Fontao.

Javier Castiñeira espera que as novas instalacións estean listas xa para a vindeira Semana Santa.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [35 Voto/s]

Foz, 29 de xaneiro de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, mantivo onte a primeira toma de contacto con hostaleiros das rúas próximas á praia da Rapadoira para unificar a instalación de terrazas nesa zona, baixo a ordenanza aprobada en maio do ano pasado. O obxectivo é facer o mesmo que na praza Conde de Fontao, onde a experiencia foi moi positiva para dinamizar ese espazo. O rexedor saíu contento da xuntanza de onte porque os hostaleiros foron moi receptivos e confía en que as novas instalacións estean xa listas para a vindeira Semana Santa.

Javier Castiñeira explicou que o encontro foi con hostaleiros das rúas Illa Nova, Mariñeiro Chila e Rego de Foz, “onde se fixo o pasado verán unha actuación importante para humanizar aquela zona e aumentar o espazo destinado a terrazas”. Destacou que é un lugar “moi activo en canto a hostalería, sobre todo no verán, por estar moi ben localizado, xunto á praia da Rapadoira” e comentou que “esas áreas que quedaron habilitadas con bolardos para poder poñer terrazas deben instalarse todas co mesmo criterio, baixo a ordenanza que foi aprobada en maio do ano pasado. Estamos intentando poñelos a todos de acordo e coordinalos para facer un estilo unificado”.

O alcalde focense lembrou que “houbo un plan piloto moi interesante na zona do porto, que saíu moi ben e serviunos, aparte de para reorganizar o tráfico, tamén para facer a zona moito máis atractiva para a hostalería e o comercio. Na zona de Illa Nova queremos facer exactamente o mesmo: a primeira parte da obra está feita, que é a reorganización do tráfico que tamén funcionou moi ben, e agora o que queremos é anticiparnos antes da campaña de Semana e do verán para que todos os hostaleiros tomen tamén un mesmo criterio estético e funcional para converter esa zona, que ten un potencial enorme na hostalería e con moita xente residindo alí, nun lugar importante con boas terrazas e con zonas para transitar comodamente”.

Castiñeira engadiu que “estamos iniciando as reunións, que van ser continuas, e esperamos que isto remate en converter esa zona nun lugar activo cunhas terrazas cun único criterio estético, tratando de buscar que siga tendo a mesma actividade ou aínda moita máis. Quedamos moi contentos da reunión de onte porque foron moi receptivos os propios hostaleiros e acordamos facer unha seguinte xa para ir aclarando temas e tratar de avanzar antes de que chegue a Semana Santa, para ter as instalacións completas xa para a temporada alta de Foz, que empeza na Semana Santa e vai ata finais de setembro”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz