21 de Maio de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.01.2014

O desfile do Entroido de Foz, que se celebrará o sábado 1 de marzo, repartirá máis de 6.000 euros en premios, dos que tres son novos.

A raíña do festexo será coroada nunha cea baile que terá lugar no pavillón do colexio Martínez Otero o 15 de febreiro.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [31 Voto/s]

Foz, 28 de xaneiro de 2014.- O desfile do Entroido de Foz, que se celebrará o sábado 1 de marzo, repartirá máis de 6.000 euros en premios, dos que tres son novos nesta edición. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, que tamén deu a coñecer que a raíña do festexo será coroada nunha cea baile que terá lugar no pavillón do colexio Martínez Otero o día 15 de febreiro.

“Achégase un día dos máis importantes do ano para todos os focenses, ese é o día do desfile de Carnaval. Xa se fixo a elección da raíña do Antroido 2014, que é Sara Fernández Arias, de 21 anos; e as súas damas son Nara López Teijeiro, de 20 anos, e Sara Iglesias Martínez, de 21 anos. A coroación da raíña farase o sábado día 15 de febreiro nunha cea baile que será no pavillón do colexio Martínez Otero ás dez da noite. O menú será sopa de cocido, cocido, carne a maragata, postre e viños tinto e branco. E amenizando a cea estará o dúo Ciclón, da Coruña. O prezo da tarxeta é o mesmo que o do ano pasado: 23 euros. Pódense reservar ou retirar na Delegación de Cultura do Concello ou chamando á técnica de Cultura ao 982.140.027 ata o día 11 de febreiro”, explicou Ánxel Paleo, quen tamén comentou que “dende a organización agradecemos que toda a xente que asista á cea veña disfrazada”.

Sobre o desfile de Antroido o concelleiro de Cultura en Foz engadiu que “este ano repártense máis de 6.000 euros en premios e, como cada ano a participación de charangas, comparsas e grupos é maior, decidiuse poñer tres novos premios: un cuarto premio, de 200 euros, para comparsas; un terceiro, de 150 euros, para charangas; e un cuarto premio, de 100 euros, para grupos”.

Ánxel Paleo tamén destacou que “todo isto fai que os desfile de Foz non sexa convencional, no que se ve pasar os disfraces e nada máis, senón que todos estes grupos escenifican e actúan segundo do que van disfrazados. Isto leva consigo moitas horas de traballo e ensaios, que fan que o Antroido de Foz sexa o mellor da Mariña e un dos mellores de Galicia. Todos aqueles que queiran participar no desfile poderanse inscribir ata o venres 28 de febreiro na dirección de correo electrónico cultura@concellodefoz.es ou na Delegación de Cultura, que está no Concello. Tamén o poden facer o mesmo día, o sábado 1 de marzo, dende ás 12 do mediodía ata as catro da tarde no porto”.

O edil de Cultura focense rematou invitando “a todos a que se acheguen a Foz a pasar o día e a gozar do noso desfile de Carnaval, o sábado 1 de marzo dende ás 5 da tarde, cando será a saída desde o porto e acabará no Campo da Cabana, onde se servirá unha chocolatada para todos os participantes”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz