23 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

23.01.2014

Promoción conxunta da Mariña en Fitur.

O alcalde de Foz participa na promoción turística conxunta da Mariña na feira Fitur, de Madrid.

Javier Castiñeira destaca o traballo que está facendo a mancomunidade de municipos para promover a zona como un destino único.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [2 Voto/s]

Foz, 23 de xaneiro de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, participa na promoción turística conxunta da Mariña na feira Fitur, de Madrid, e destaca o traballo que está facendo a mancomunidade de municipios para promover a zona como un destino único.

“O balance é moi positivo neste día e medio que levamos en Madrid. Estamos preparando a presentación do vídeo da Mariña lucense, que será ás catro da tarde no stand de Turgalicia. Eu creo que hai un cambio substancial con respecto a outros anos, que é a integración, que A Mariña Lucense se está promovendo como un ente único e integrador, como unha cidade lineal de máis de 70.000 habitantes cunha gran cantidade de encantos importantes, que queremos mostrar neste vídeo spot de dous minutos e medio. É certo que non é fácil porque dende o emblema e a bandeira da Mariña, que é a praia das Catedrais que novamente forma parte do stand de Galicia, poder mostrar en dous minutos e medio gastronomía, artesanía, patrimonio histórico, festas, praias, costa, interior, rutas de sendeirismo, turismo fluvial, turismo rural, … é difícil”, explicou o rexedor municipal focense.

Javier Castiñeira destacou que “estamos todos xuntos facendo un traballo dende a Mancomunidade como nunca se fixo, integrados, sabendo que A Mariña ten que ser un destino turístico único, que non podemos facer a guerra cada un polo seu lado. Os pobos evidentemente verémonos beneficiados. Espero que esta sexa unha primeira pedra importante para poder seguir en anos vindeiros con esa promoción integrada da Mariña lucense”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz