Novas
16.01.2014
Entrega de premios dos certames de poesía e postais do pasado Nadal.
A biblioteca pública municipal de Foz entregou os premios dos certames de poesía e postais do pasado Nadal.
No acto participou o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo.
Foz, 16 de xaneiro de 2014.- A biblioteca pública municipal de Foz entregou onte á tarde no salón de actos da Casa de Cultura os premios do Certame de Poesía de Nadal 2013 e do XII Concurso de Postais Nadal 2013, nos que participaron numerosos alumnos/as de todos os colexios do municipio. Ao acto asistiu o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, quen deu as grazas aos centros participantes polo seu interese demostrado para este tipo de actividades e que en varios anos consecutivos xa tiveron tamén premio na fase provincial do certame.