17 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.01.2014

Escolares focenses visitaron hoxe a ría de Foz acompañados por biólogos e pola presidenta da agrupación de mariscadoras.

Tamén estivo o concelleiro de Pesca, quen destacou que os rapaces comprobaron que no estuario hai berberechos na actualidade.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [14 Voto/s]

Foz, 15 de xaneiro de 2014.- Escolares de 4º da ESO do Instituto de Secundaria focense e dos colexios do Pilar e do Martínez Otero exploraron hoxe a ría de Foz acompañados por biólogos e pola presidenta da agrupación de mariscadoras da Ría de Foz-Barreiros. Tamén asistiu o concelleiro de Medio Rural e Pesca, Pedro Fernández Manín, quen destacou que os rapaces comprobaron que no estuario hai berberechos na actualidade.

O estudantes recibiron explicacións sobre o terreo acerca da forma de cultivo e extracción, os problemas medioambientais e outras cuestións relacionadas coa produción marisqueira. Foi unha actividade incluída no programa da XI Festa do Berberecho, que se celebrará en Foz este fin de semana, do venres 17 ao domingo 19.

O concelleiro de Medio Rural e Pesca explicou que “hoxe, como estaba programado, estivemos cos alumnos do IES de Foz, Martínez Otero e O Pilar nunha experiencia que era a segunda vez que se facía e que foi moi positiva para os rapaces. Estiveron biólogos da Consellería de Medio Rural e do Mar encabezados por Olga Teijeiro Golpe, acompañada por Miguel, e tamén estivo a presidenta da agrupación de mariscadoras Barreiros-Foz, Isabel Fernández Armesto, aos que quero agradecerlles en nome do Concello por vir, con este tempo que temos, a dar estas explicacións aos nenos”.

Pedro Fernández Manín considera que “foi unha actuación positiva porque comprobaron in situ que na ría de Foz, a pesar de cómo está, si existe berberecho; os rapaces incluso os descubriron eles mesmos e quedaron admirados porque algúns non sabían que estaban debaixo da area. Son actividades que queremos repetir nesta ría de Foz, que deberíamos entre todos intentar solucionar os problemas que ten”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz