17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

14.01.2014

Presentación da XI Festa do Berberecho na praza de abastos de Lugo.

O alcalde de Foz participou na presentación da XI Festa do Berberecho celebrada hoxe na praza de abastos de Lugo por iniciativa da Deputación Provincial.

Javier Castiñeira destacou que moitos lucenses teñen a súa segunda residencia na vila focense e que as dúas localidades cada vez están máis preto.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [26 Voto/s]

Foz, 14 de xaneiro de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, participou na presentación da XI edición da Festa do Berberecho celebrada hoxe na praza de abastos de Lugo por iniciativa da Deputación Provincial. O rexedor municipal destacou que moitos lucenses teñen a súa segunda residencia na vila focense e que ambas as dúas localidades cada vez están máis preto grazas á mellora das vías de comunicación.

“Dende o Concello de Foz queremos agradecerlle á Deputación de Lugo ter feito este acto de promoción da décimo primeira Festa do Berberecho de Foz. Para nós é un pracer estar aquí en Lugo, nunha cidade amiga, pois todos sabemos que moitos veciños de Lugo teñen a súa segunda residencia na Mariña, concretamente en Foz. E cada vez estamos máis cerca, a menos dunha hora, e cos últimos tramos da A-8 estaremos a 40 minutos”, manifestou o Javier Castiñeira.

O alcalde focense engadiu que “viñemos a promover a festa do chícaro de Foz pois queremos que todos os lucenses estean invitados xa que Lugo é un sitio onde saben degustar o bo produto. Nesta praza de abastos puidemos apreciar que moitos dos produtos da Mariña se venden aquí cunha gran frescura”.

Castiñeira felicitou “aos que levaron este evento de promoción á praza de abastos de Santo Domingo, que estaba moi concorrida e onde puidemos promover esta festa dunha forma moi importante. Queremos agradecer tamén ao restaurante España, que fixo unha pequena degustación de berberechos, que estaban exquisitos”.

O rexedor municipal focense convidou a todos a participar esta fin de semana, dende o venres 17 ata o domingo 19, na Festa do Berberecho “polos locais de hostalería de Foz e na carpa, onde se poderán degustar catro variedades de pratos con berberecho: en empanada, ao vapor, en salsa mariñeira e a innovación para este ano é a combinación de dous produtos da Mariña como son o chícaro ou berberecho e a faba de Lourenzá, que é o prato estrela. Esperamos que guste”.

Javier Castiñeira rematou agradecendo “a todas aquelas administracións que colaboran coa Festa do Berberecho, entre elas a Deputación de Lugo, que foi a promotora desta presentación”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz