28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.01.2014

Javier Castiñeira fai balance de 2013

O alcalde de Foz cualifica o 2013 como o ano do pago das débedas e da redución dos gastos do concello.

Javier Castiñeira destaca que a pesar das dificultades sacáronse adiante proxectos importantes e prevé que no 2014 se constrúa o xeriátrico.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [29 Voto/s]

Foz, 3 de xaneiro de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo público hoxe o balance do grupo de goberno sobre o pasado 2013, que foi o ano do pago das débedas e da redución dos gastos do Concello. Así o destacou o rexedor municipal, quen tamén salientou que a pesar das dificultades saíron adiante proxectos importantes e prevé que neste 2014 se constrúa o xeriátrico.

Sobre 2013 Javier Castiñeira dixo que foi “un ano que vamos denominar o do pago das débedas, no que o Concello, a pesar das dificultades económicas, conseguiu reducir á metade a débeda bancaria, pagar os 900.000 euros do plan de pago a provedores pendentes do ano 2011. E todo isto a costa de reducir o gasto enerxético en máis de 100.000 euros, reducir á metade os gastos en festas e reducir tamén, por exemplo, os gastos do goberno en dietas e propaganda a uns niveis que nunca houbera no noso Concello. Foi un ano de responsabilidade, complicado economicamente e no que moitos dubidaban que o Concello de Foz puidera saír adiante; pero saíu con solvencia e con menos débedas a pesar de todas esas dificultades económicas e sen ningún tipo de apoio por parte da oposición, que foi desleal e houbo incluso varios intentos de moción de censura, como é público e notorio. A oposición non foi nin capaz de aprobar uns orzamentos que estaban practicamente consensuados”.

O alcalde focense engadiu que “a pesar desa oposición que está sufrindo o goberno de Foz e pese a deslealdade tamén da Deputación, que non foi capaz de facer unha inversión neste concello porque as desviou aos concellos afíns, a pesar de todas esas dificultades o Concello de Foz foi capaz de sacar adiante varios proxectos importantes. Un deles é a construción da pasarela do porto de Foz, que cambiou totalmente a configuración desa zona. Foi o ano no que se sacou adiante o proxecto do xeriátrico e o 2014 vai ser o ano da súa construción. No 2013 fíxose a primeira fase das demandadas beirarrúas de Cangas, por parte tamén da Xunta de Galicia; houbo dous obradoiros de emprego e varios cursos de formación, financiados tamén pola Xunta; foi o ano, moi importante, do cambio urbanístico de Foz e do inicio do Plan Xeral; foi o ano da mellora do cauce e da mellora do paseo do río Ouro; fixéronse obras nos colexios de Nois e Número 1, … En definitiva, o 2013 foi un ano cheo de dificultades que foi posible afrontar grazas ao esforzo dos cidadáns, dun goberno responsable e tamén das múltiples asociacións que colaboraron na totalidade dos eventos realizados en Foz. A pesar das dificultades económicas foi un dos anos máis activos, cun verán cheo de actividades e co maior número de eventos na historia do concello de Foz grazas á colaboración cidadá e dos compañeiros do Concello de Foz, que con menos persoal conseguimos sacar adiante un ano cheo de dificultades. Moitas grazas a todos eles”.

“Esperemos que o 2014 sexa un ano no que sigamos na dirección da solvencia, como está a facer o equipo de goberno; no pago das débedas, como se fixo no 2013, e sexa o ano da construción do xeriátrico, da segunda fase das beirarrúas e doutras obras. En definitiva, un ano máis tranquilo e con máis emprego no noso concello”, rematou Castiñeira.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz