12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

30.12.2013

Plan de reorganización do porto de Foz

O plan de reorganización do porto de Foz someterase a aprobación no pleno da corporación municipal no vindeiro mes de xaneiro para despois sacar a concurso a concesión da explotación da zona durante 35 anos.

Anunciouno o alcalde focense despois de reunirse co presidente de Portos de Galicia.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [28 Voto/s]

Foz, 30 de decembro de 2013.- O plan de reorganización do porto de Foz someterase a aprobación no pleno da corporación municipal no vindeiro mes de xaneiro para despois sacar a concurso a concesión da explotación da zona durante 35 anos. Anunciouno hoxe o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, despois dunha reunión que mantivo en Santiago co presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

O rexedor municipal de Foz explicou esta mañá que “o pasado venres tivemos unha reunión en Portos de Galicia co presidente, José Juan Durán, que nos expuxo o plan especial de reorganización da zona portuaria de Foz, que practicamente está rematado e queremos que se trate nun pleno da corporación municipal en xaneiro para que dea a súa aprobación. A partir de aí será o documento base para sacar a concurso a concesión da explotación durante 35 anos de todas as zonas portuarias, non só os pantaláns e os amarres senón tamén todas as infraestruturas que se van poder facer aí, como espazos comerciais e zonas ligadas á náutica recreativa”.

Javier Castiñeira engadiu que “estamos a falar dunha inversión importante, xa hai varios grupos empresariais interesados nesta actividade, dende logo nos queremos sacalo o antes posible e que 2014 sexa o ano da concesión e do gran paso que teremos que dar todos (o pobo, a administración portuaria e a concesionaria) para tratar de facer xa os proxectos definitivos e avanzar na reorganización da zona portuaria. Polo tanto quero agradecer a dispoñibilidade de Portos de Galicia e esperemos que a primeiros de ano a corporación municipal dispoña xa dese documento base para a próxima concesión administrativa dos servizos da zona portuaria de Foz”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz