12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.12.2013

Resumo do Pleno do xoves 26 de decembro de 2013

O goberno municipal de Foz seguirá traballando para instalar unha nova depuradora e sacar a actual EDAR do núcleo urbano.

Así o manifestou hoxe o alcalde, que mantén abertas as portas ao diálogo cos grupos da oposición para chegar a un acordo neste asunto transcendental.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [41 Voto/s]

Foz, 27 de decembro de 2013.- O goberno municipal de Foz seguirá traballando para instalar unha nova depuradora e sacar a actual EDAR do núcleo urbano. Así o manifestou hoxe o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que mantén as portas abertas ao diálogo cos grupos da oposición para chegar a un acordo neste asunto transcendental.

O rexedor municipal anunciou esta mañá que “o grupo de goberno do Concello de Foz non vai tirar a toalla, non vai desanimarse nun asunto tan transcendental e tan importante para Foz como é a depuradora. Nós seguimos abrindo as portas ao resto dos grupos para tratar de sacar a depuradora do núcleo urbano. É evidente que o único grupo que non quere quitala dese lugar, senón que quere ampliala, é Unifoz, co cal nós estamos totalmente en desacordo. Probablemente o partido que máis cerca estea hoxe en día de evitar que a depuradora siga no núcleo urbano de Foz é o Partido Socialista e nós seguimos abertos a discutir certas circunstancias. Estamos bastante cerca e o Partido Popular está facendo un esforzo importante, como xa se sabe, acércanse á opción de Forxán, que foi a que defendeu sempre o Partido Socialista. E estamos pendentes de que o grupo socialista nos faga as proposicións”.

Javier Castiñeira engadiu que “era un paso moi simple o que había que facer neste pleno, pero non se quixo dar. Era moi sinxelo: que os técnicos de Augas de Galicia precisamente fixesen unha valoración desa nova ubicación, que contemplasen tamén minimizar ao máximo o impacto medioambiental e incluso a posibilidade de soterrar esa depuradora, que se instalara ademais un emisario o suficientemente afastado da costa para que non afectara á calidade das augas do litoral focense e que se suprimira a EDAR de Foz. Creo que nos catro puntos estamos completamente de acordo e evidentemente despois calquera tipo de discriminación positiva para Forxán pode ser viable pero non podemos precipitarnos. Calquera valoración do proxecto tamén será viable pero tampouco debemos precipitarnos ata que os técnicos de Augas de Galicia nos certifiquen que efectivamente esa opción é posible e polo menos tratar de dar un paso. Non vamos pechar as portas nin nos vamos a desanimar, porque sabemos que gobernar en minoría é facelo con dificultades. Estámolo intentando de todos os modos posibles”.

O alcalde focense comentou ademais que na sesión da corporación municipal de onte o portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, “quedou en evidencia cando mostramos a acta dun pleno celebrado en abril do 2009 no que, como portavoz do grupo socialista, pedía o voto favorable para quitar a EDAR de Foz e poñela en Forxán. E onte fixo totalmente o contrario. Chámanos a atención este cambio de opinión e parécenos incoherente”.

Por outra parte, Castiñeira explicou que no pleno de onte  “tamén se debateu o concurso para o servizo de axuda á dependencia e foi aprobado cos votos a favor do grupo socialista. É un paso adiante e un exemplo de que se pode chegar a acordos; e animo ao grupo socialista a non tirar a toalla tampouco, igual que vai facer o Partido Popular, e tratar de acercarse o máximo posible”.

O rexedor municipal focense rematou manifestando que “os veciños de Foz merecen unha corporación responsable e creo que así o estamos facendo, polo menos desde o noso grupo, e dende logo así seguiremos mentres esteamos no goberno”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz