19 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

18.12.2013

proposta para situar a EDAR de Foz

A proposta para situar a depuradora de augas residuais de Foz en Forxán tratarase en comisión informativa municipal mañá, xoves, e no pleno da corporación o día 26 deste mes.

O alcalde espera contar co apoio dos concelleiros socialistas porque esta é a alternativa que defenderon en varias ocasións.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [21 Voto/s]

Foz, 18 de decembro de 2013.- A proposta para situar en Forxán a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Foz tratarase en comisión informativa municipal mañá, xoves, e no pleno da corporación local o día 26 deste mes. O alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira, espera contar co apoio dos concelleiros socialistas porque esta é a alternativa que defenderon en varias ocasións.

O rexedor municipal manifestou hoxe que “o grupo de goberno vai levar ao próximo pleno a ubicación da EDAR de Foz na parcela de Forxán que era a segunda alternativa. Evidentemente non queremos deixar isto parado, porque hai unha necesidade imperante de sacar do casco urbano a depuradora actual pois hai uns problemas medio ambientais que xa non fai falla dicir. E unha vez esgotada a primeira vía, que era a de Sarrido, en Fazouro, o equipo de goberno deu outras alternativas, como o polígono, pero tampouco o desexan os grupos de oposición. Outra máis, entre Forxán e Fazouro, tampouco se quixo. Polo tanto ante a negativa a aceptar outras alternativas non queda máis que a de Forxán, que é a establecida no Plan Xeral”.

Javier Castiñeira tamén explicou que “os técnicos redactores do PXOM fixeron un informe e unha vez visto vai ser o que se leve a pleno. Unha vez que o Partido Socialista se posicionou en que Forxán era a súa proposta definitiva nós, para sacar isto adiante, vamos levalo e esperemos que o PSOE cumpra de forma coherente co declarado no seu momento tanto no pleno como en diferentes medios. Polo tanto probablemente neste pleno se aprobe a situación definitiva da EDAR de Foz en Forxán”.

O alcalde engadiu que cando sexa aprobado pola corporación municipal “hai que comunicarllo a Augas de Galicia para que informe esa proposta e arrancar con este asunto. A vontade do grupo de goberno é resolver o problema da depuración na ría de Foz. Nós fomos os únicos que propuxemos varias alternativas no pleno: Sarrido, o polígono industrial e outra máis en Forxán. Pero ninguén se decide por esas propostas. O único grupo da oposición que acepta unha alternativa é o Partido Socialista, que opta pola de Forxán, e polo tanto esa é a única que pode ter o apoio do pleno. Esperemos que sexa aprobada e se poida seguir con esta tramitación”.   

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz