19 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

26.11.2013

Raquel Arias destaca que a Xunta promove a contratación de 75 persoas desempregadas no concello de Foz ao longo deste ano.

A delegada territorial visitou o proxecto "Pico do Castro", un obradoiro organizado no concello de Foz, onde explicou que a Consellería de Traballo e Benestar inviste 177.668 euros nesta iniciativa, que ofrece formación en instalación e mantemento de zonas verdes e albanelería a 20 persoas en paro.

Arias subliñou que o Executivo galego impulsa “a contratación de preto de 340 desempregados na comarca da Mariña, beneficiando a tódolos concellos da zona”, a través dos plans de cooperación e dos obradoiros

Recomendar Imprimir Atrás

2.4/5 [47 Voto/s]

Foz, 26 de novembro de 2013.- A delegada territorial, Raquel Arias, visitou hoxe aos alumnos participantes no obradoiro de emprego Pico do Castro, que dende principios do presente mes se desenvolve en Foz, impulsado polo Concello desta localidade da Mariña.

A delegada subliñou que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, financia “ao longo deste ano a contratación de 75 persoas desempregadas -entre alumnos-traballadores e monitores e persoal de administración- neste concello mediante o programa de cooperación e os obradoiros de emprego, como este do Pico do Castro, se estenderá ata finais de abril do ano 2014”.

Así, froito do impulso da Xunta, ao igual que no municipio focense, “tódolos concellos  da comarca da Mariña, sen excepción, víronse beneficiados polos programas de fomento do emprego que promove a Administración autonómica”, destacou a representante do Executivo galego. Arias significou que, en conxunto, a actuación da Xunta neste ámbito “facilitou a contratación de preto de 340 desempregados só na comarca da Mariña”.

Arias, que estivo acompañada polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, sinalou a necesidade de seguir sumando sinerxías que procuren a creación de postos de traballo a nivel local. Ao respecto, indicou que existen novos viveiros de emprego susceptibles de xerar postos de traballo e “os concellos xogan un importante papel para detectar e aproveitar estes nichos de emprego no seu ámbito”.

A delegada explicou que a Consellería de Traballo e Benestar inviste preto de 178.000 euros (177.668 euros)  neste proxecto, no que 20 traballadores desempregados adquiren formación teórica e experiencia laboral nas especialidades de instalación e mantemento de zonas verdes e albanelería e realizan obras de interese social no concello.

Os participantes do obradoiro levarán a cabo as seguintes obras:

Restauración de espazos verdes na rúa Uxío Novoneyra
Recuperación medioambiental da zona do Castro
Mantemento das zonas arboradas do Bispo Santo e das árbores de varias rúas de Foz
Acondicionamento dun local na rúa Xulia Minguillón para albergar aos colectivos sen ánimo de lucro do municipio

Os obradoiros están dirixidos a persoas maiores de 18 e teñen unha duración de seis meses, durante os cales os alumnos traballadores perciben un salario e adquiren unha formación teórica e práctica orientada ás demandas reais do mercado laboral.

Esta filosofía de “aprender traballando” permite ademais que os obradoiros realicen obras e servizos de interese para os concellos que os albergan, aspecto que tamén apuntou Arias durante a súa visita. “En xeral –afirmou- estes proxectos abren un importante espazo de colaboración cos concellos, que son os que mellor coñecen tanto o seu potencial como as súas necesidades”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz