29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.11.2013

A corporación municipal de Foz non aprobou a proposta do goberno local do PP para reclamar á Deputación de Lugo que cambie as bases do plan de emprego.

O alcalde critica aos grupos da oposición (PSOE, Unifoz e BNG) por “apoiar que os parados de Foz non poidan optar a eses postos de traballo”.

Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [5 Voto/s]

Foz, 22 de novembro de 2013.- A corporación municipal de Foz non aprobou a proposta do goberno local do Partido Popular para reclamar á Deputación Provincial de Lugo que cambie as bases do plan de emprego. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, critica aos grupos da oposición (PSOE, Unifoz e BNG) por “apoiar que os parados de Foz non poidan optar a eses postos de traballo”.

O rexedor municipal explicou hoxe que “despois de facer onte o pleno extraordinario no que o grupo de goberno reclamaba á Deputación de Lugo que cambiase as bases do plan de emprego publicado no Boletín Oficial da Provincia vímonos  moi sorprendidos polo voto en contra de todos os grupos da oposición. Non se pode entender como partidos como o PSOE, o BNG e Unifoz, que están reclamando medidas de emprego, rexeiten que Foz poida optar ao plan de emprego da Deputación, vendo que as bases que saíron son totalmente nesgadas, rexeitan a todos aqueles concellos que teñen máis de 5.000 habitantes e ademais os criterios de puntuación son verdadeiramente fóra de contexto”.

Javier Castiñeira engadiu: “moi sorprendidos sobre todo polo voto en contra do grupo independente Unifoz, que sen ningún tipo de razón vota en contra e entendo que é porque está buscando outro tipo de situacións. Aínda que non debería sorprender demasiado porque durante estes dous anos de lexislatura leva votando en contra de todo o que presenta o goberno e que é positivo para o concello de Foz. E o PSOE e o BNG, co seu servilismo partidista, votan que os parados de Foz non poidan optar a ese plan de emprego da Deputación de Lugo. Polo tanto, desencanto porque o Concello de Foz debería queixarse á Deputación. Esa soidade na que está o Partido Popular entendo que os veciños téñena que ver. Pero dende logo nós non vamos cesar no noso intento de loitar contra a multitude de agravios que está facendo a Deputación cos concellos gobernados por outros grupos políticos. E estaremos aí sempre reclamando”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz