12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

19.11.2013

Recoñecemento ao focense Diego Martínez Santos, o mellor físico novel de Europa

O Concello de Foz fixo un recoñecemento ao focense Diego Martínez Santos, o mellor físico novel de Europa, que hoxe deu unha charla no IES de Foz.

No acto o alcalde entregoulle un recordo.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 19 de novembro de 2013.- O Concello de Foz fixo hoxe un recoñecemento ao focense Diego Martínez Santos, o mellor físico novel de Europa, que foxe deu un charla no Instituto de Secundaria de Foz. No acto o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, entregoulle un recordo.

“O Concello de Foz quere unirse ao recoñecemento a Diego Martínez Santos, o focense que foi distinguido como mellor físico novel europeo e que estivo hoxe dando unha charla no instituto de Foz. Queremos recoñecer o seu traballo, darlle moito ánimo e dicirlle que o Concello está con el. Mantemos unha relación intensa e estamos buscando posibles alternativas. É unha persoa recoñecida no seu traballo, ten unha estabilidade laboral e uns proxectos enriba da mesa moi interesantes para a ciencia galega”, explicou o rexedor municipal.

Javier Castiñeira engadiu que “estamos encantados de que hoxe estea no instituto de Foz con outros mozos contándolles a súa experiencia e o seu traballo, porque é un exemplo importante a seguir por todos os estudantes. Por iso lle entregamos un pequeno obsequio recoñecendo esa labor na ciencia e ese premio tan interesante e importante como é o de mellor físico novel de Europa”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz