18 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

18.11.2013

Alcalde e técnicos municipais iniciaron as charlas sobre o PXOM nas parroquias.

O alcalde de Foz e técnicos municipais iniciaron as charlas sobre o plan urbanístico nas parroquias, que continúan ata este mércores.

Javier Castiñeira destaca que estes actos informativos son os únicos obxectivos e que están autorizados pola comisión do PXOM.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 18 de novembro de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e técnicos municipais iniciaron as charlas sobre o plan urbanístico nas parroquias, actos informativos que continúan ata ese mércores. O rexedor municipal destaca que estas reunións sobre o Plan Xeral son as únicas obxectivas e que están autorizadas pola comisión do PXOM.

“Comezaron por parte dos técnicos municipais as charlas informativas para explicar o Plan Xeral de Foz, concretamente o venres en San Acisclo e o sábado en Santa Cecilia, e a aceptación é boa por parte dos veciños, que acoden a informarse. Novamente os técnicos municipais bríndanse non só para esas charlas que se van facer en todas as parroquias que nos quedan durante estes tres días (luns, martes e mércores) senón que ademais todos os veciños poden acudir á Casa do Concello de Foz e alí explicaráselles de forma pormenorizada como afecta o PXOM a cada unha das súas propiedades”, explicou hoxe Javier Castiñeira, que tamén destacou que “nos actos informativos que temos estes días o que se fai é explicar de forma xeral a aplicación e a afección do Plan Xeral en cada parroquia. Estas son as únicas charlas autorizadas pola comisión do PXOM, porque son as obxectivas que están dando os técnicos municipais”.

En cambio, engadiu o alcalde, “estanse facendo charlas por parte de dous grupos políticos, como son o BNG e Unifoz, nas que se está falando máis de política que do Plan Xeral e onde se critica ao grupo de goberno pero non polo PXOM. Creo que é unha tomadura de pelo por parte duns que queren aproveitar o reclamo do Plan Xeral para falar doutras cousas. Paréceme vergonzoso sobre todo por parte do portavoz de Unifoz, que foi unha das persoas que participou na elaboración deste plan cando o fixo o anterior grupo de goberno. Paréceme incoherente que este señor estea agora criticando o Plan Xeral cando foi un dos que verdadeiramente participou na súa elaboración. Por parte do BNG é unha deslealdade ao PXOM: todos aqueles que criticaban que Foz era un pobo que non tiña normativa urbanística agora son os primeiros que se queixan, cando vén un documento novo e moderno para o concello. Estase facendo demagoxia, porque se está dicindo que este plan deixa fóra de ordenación cando realmente as vivendas das que están falando a maior parte delas xa están fóra de ordenación agora pola afección das diferentes administracións, como pode ser Carreteras del Estado, Estradas de Galicia, Costas, Feve ou moitas máis. Polo tanto dígolles aos veciños que non se fíen das charlas políticas, pois o obxectivo delas é dende logo tirar contra o goberno actual. Que se fíen das informacións que dan os técnicos municipais, que son as únicas válidas”.

O rexedor municipal rematou comentando que “o Plan Xeral é un documento que evidentemente é mellorable e para iso se contemplan as alegacións e o proceso informativo, pero é necesario e fundamental para o concello de Foz”.
 

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz