21 de Maio de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.11.2013

A Xunta acondiciona un paseo pola beira do río Ouro que une Fontao con Transmonte, na parroquia de Santa Cilla.

A obra, que está a piques de rematar, foi visitada polo alcalde e polo concelleiro de Medio Rural.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 9 de novembro de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, acondiciona un paseo pola beira do río Ouro no tramo que une Fontao con Transmonte, que pertence á parroquia focense de Santa Cilla. A obra, que está a piques de rematar, foi visitada polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e polo concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín.

Javier Castiñeira tamén comentou que “esta ruta foi visitada polo grupo Os Sendeiros, de Foz, que participaron dando ideas. É unha obra interesante que era lóxico facer. Permite facer ida e volta pola ruta do río Ouro, que é atravesado por unha pasarela de madeira que substitúe a unha ponte que estaba caída”.

O alcalde destacou que “no último ano e pico a Consellería de Medio Ambiente fixo varias obras neste río: retirou todas as árbores que había na canle, que era importantísimo porque estaba bastante colapsado de árbores caídas nos últimos temporais; e agora acometeuse esta obra importante, solicitada precisamente polo colectivo de Os Sendeiros, que fai varios eventos no noso concello e evidentemente nós queremos poñer ao día a Foz neste ámbito, que aparte de deportivo é turístico e atrae a moita xente e facilita tamén a practica deportiva a un colectivo con idades diferentes”.

Castiñeira anunciou que esta actuación “nos próximos días estará rematada, porque están colocando a sinalización. Por iso estamos moi contentos e queremos facer público o noso máximo agradecemento á delegada territorial da Xunta, Raquel Arias; ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández; e tamén á Dirección Xeral de Conservación da Natureza e Augas de Galicia, que foron os artífices desta obra”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz