17 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

04.11.2013

Javier Castiñeira acusa ao BNG de usar o alarmismo unha vez máis co plan xeral de ordenación municipal

O alcalde de Foz acusa ao BNG de alarmar e tentar enganar aos veciños respecto aos plans parciais para as zonas de Tras As Torres e Folgueiras, que figuran no plan urbanístico.

Javier Castiñeira recomenda aos interesados que consulten as súas dúbidas sobre o PXOM cos técnicos municipais.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [21 Voto/s]

Foz, 4 de novembro de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, acusa ao Bloque Nacionalista Galego de alarmar e tentar enganar aos veciños respecto aos plan parciais para as zonas de Tras As Torres e Folgueiras, que figuran no plan urbanístico que está en período de exposición pública. O rexedor recomenda aos interesados que consulten as súas dúbidas sobre o PXOM cos técnicos municipais.

Despois das últimas declaracións do BNG sobre o plan urbanístico Javier Castiñeira manifestou hoxe que “unha vez máis está intentado usar o alarmismo para todos os asuntos importantes de Foz. Está claro que o Bloque Nacionalista Galego local non está a altura. Non está encabezado polo portavoz, o señor Basanta, senón polo señor Ermida, que é o que manexa os papeis do Bloque de Foz. Parécenos vergonzoso que se tente enganar a todos os veciños co tema do Plan Xeral”.

O alcalde engadiu que “ao señor Moncho Ermida, o urbanista do Bloque Nacionalista Galego, preguntámoslle como pretende este señor urbanizar as dúas zonas dos plans parciais de Folgueiras e de Tras As Torres. Se pretende deixalas tal e como están, de solo rústico e que non se poida construír, ou se quere, como o Concello de Foz, facer un plan parcial nelas e poñer esas zonas en valor. A única forma de facelo é cun plan parcial e evidentemente iso é o que se fixo; pero non o fixo este goberno, xa foi o anterior e é a única forma urbanística de facelo. Polo tanto se ao señor Ermida lle molesta que en Foz se presenten dous plan parciais de futuro, que son Tras As Torres e Folgueiras, que o digan pero que non anden coa demagoxia e dicindo que lles vai custar aos veciños tantos millóns de euros. Evidentemente se hai que urbanizar unhas zonas correspóndelles aos propietarios facelo, pero isto non é dende agora, pois dende sempre vai por parte dos propietarios a urbanización do terreo, xa que son os que se van aproveitar do incremento do valor posterior desa zona”.

Polo tanto Castiñeira recoméndalle aos veciños “que non entren no alarmismo do señor Moncho Ermida, que realmente para o pobo de Foz é un cancro pois é a persoa que verdadeiramente está levando a oposición do BNG e quen non está permitindo que dende a Deputación cheguen subvencións ao noso Concello; é a persoa que está servindo de bloqueo para as relacións entre a Deputación e o Concello. Ese señor non ten ningún criterio para falar de urbanismo e rétolle a que cando queira explicámoslles aos veciños cara a cara o que é un plan de urbanismo. O resto é tentar meter medo, como están facendo coa sanidade, coa depuradora e con todos os asuntos importantes do noso concello”.

O rexedor municipal manifestou ademais que o plan urbanístico de Foz “é completamente sostible” e explicou que “os datos fidedignos do Instituto Nacional de Estadística (INE) din claramente que Foz ten máis vivendas que habitantes censados. Polo tanto isto resólvese da mellor forma posible. Evidentemente poderá haber alegacións por algúns fallos, pero está claramente demostrada a obxectividade e a transparencia por parte deste grupo de goberno para afrontar este asunto tan importante”.

Javier Castiñeira rematou recomendándolles aos veciños “que veñan ao Concello a falar cos técnicos, que son os que verdadeiramente lles van explicar o Plan Xeral; non o señor Ermida, que digo claramente que non ten nin idea de urbanismo”.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz