22 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.10.2013

Exposición ao público do PXOM

No salón de plenos do Concello de Foz exponse dende hoxe e durante dous meses o novo planeamento urbanístico municipal, que foi presentado onte aos membros da comisión do PXOM.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [28 Voto/s]

Foz, 15 de outubro de 2013.- O salón de plenos da Casa do Concello de Foz acolle dende hoxe e durante dous meses a exposición ao público do novo planeamento urbanístico municipal, que foi presentado onte aos membros da comisión do PXOM.

“Onte presentamos o novo plan xeral de ordenación municipal á comisión do PXOM, que está formada por un membro de cada grupo político municipal, o arquitecto e o aparellador do Concello máis un representante de cada grupo de traballo, nos que estaban representadas as parroquias e tamén o núcleo urbano. En total son 22 persoas, que onte puideron ver en que sentido se formulaba o novo plan adaptado. Foron, tal e como se prometeu, os primeiros que puideron ver o plan xeral unha vez que se fixo a publicación do anuncio nos medios de comunicación e no Diario Oficial de Galicia”, explicou hoxe o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

O rexedor municipal engadiu que “dende hoxe o plan xeral xa está a disposición de todos aqueles veciños que queiran velo no salón de plenos do Concello de Foz, onde está toda a documentación: tanto planos como carteis e demais información, para que todos os veciños poidan ver en que condicións queda a súa propiedade. Van estar tamén á súa disposición os técnicos municipais para aclarar calquera consulta que poida xurdir. Agora teremos un período de dous meses de exposición ao público, no que os veciños poden ver como quedan as súas propiedades e teñen a posibilidade de alegar novamente no caso de que vexan que os seus intereses non están suficientemente satisfeitos; e o Concello, nun período máis ou menos corto, deberá responder novamente”.

Ademais Javier Castiñeira sinalou que “tamén están as respostas as alegacións ao documento inicial do ano 2007, que era obrigatorio facer. Son 1.580 e tamén no salón de plenos poderán ver en que sentido responden os redactores do plan a esas alegacións que se fixeron despois da aprobación inicial”.

Polo tanto “empézase un novo período para o urbanismo en Foz e esperemos que isto dentro dun ano e medio poida rematarse cunha aprobación definitiva e que Foz sexa un dos de concellos de Galicia que teña este documento adaptado e un plan xeral como xa era obrigatorio ter no ano 2006”, rematou o alcalde.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz