18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.10.2013

Subvención de 25.469 euros do Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal.

O Concello de Foz construirá 7 casetas de madeira para utilizar en diversos eventos e organizará actividades para exaltar o berberecho e o chicharrón.

Farao cunha subvención de 25.469 euros concedida polo Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [11 Voto/s]

Foz, 9 de outubro de 2013.- O Concello de Foz construirá sete casetas de madeira para utilizar en diversos eventos e organizará actividades para exaltar produtos do mar, como o berberecho e o chicharrón. Farao cunha subvención de 25.469 euros concedida polo Grupo de Acción Costeira (GAC) A Mariña-Ortegal para destinar a esas iniciativas durante os anos 2014 e 2015.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro do Mar, Pedro Fernández Manín, explicou hoxe que o Concello de Foz “ven de recibir a comunicación dunha subvención concedida polo Grupo de Acción Costeira da Mariña e Ortegal por un total de 25.469 euros. Será destinada, segundo o proxecto presentado coa solicitude, para a construción de sete casetas en madeira, porque ata agora víñamos utilizando as que nos prestaba o Concello de Lourenzá. Servirán para mercados, exposicións e outros eventos, como o Mercado de Nadal e outros similares”.

Fernández Manín engadiu que na subvención do GAC inclúese unha partida de 6.000 euros “destinada á exaltación dos produtos do mar. Ata agora facíase a Festa do Berberecho, que xa está consolidada, pero ademais este grupo de goberno quere facer actividades para exaltar o chicharrón. No concello de Foz hai moitos anos había grandes fábricas que se dedicaban única e exclusivamente ao chamado chicharrón. Entón esa partida será destinada nos anos 2014 e 2015 para, en primeiro lugar, exaltar sobre todo o chicharrón cun evento que ata agora non había en Foz. Trátase de promover produtos do mar que son tradicionais neste concello”.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz