29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

04.10.2013

Primeiro Ciclo de Teatro de Outono

O Concello de Foz pon en marcha o primeiro Ciclo de Teatro de Outono, que se desenvolverá en Marzán, Nois, Fazouro, Cangas, Vilaronte, San Acisclo, Santa Cilla, San Martiño e Cordido.

Empezará o vindeiro venres, 11 de outubro, e rematará o día 1 de decembro.

Actuarán os grupos de teatro focenses A Adala, Axóuxeres e O Batán.

Recomendar Imprimir Atrás

2.1/5 [18 Voto/s]

Foz, 4 de outubro de 2013.- A Delegación de Cultura do Concello de Foz pon en marcha o primeiro Ciclo de Teatro de Outono, que se desenvolverá en Marzán, Nois, Fazouro, Cangas, Vilaronte, San Acisclo, Santa Cilla, San Martiño e Cordido. Empezará o vindeiro venres, 11 de outubro, e rematará o día 1 de decembro. As representacións correrán a cargo dos grupos de teatro focenses A Adala, de Fazouro; Axóuxeres, de Vilaronte, e O Batán, de Cangas.

A primeira actuación do ciclo correrá a cargo de grupo A Adala, que porá en escena a obra Sen seu amor no local da antiga báscula de Marzán o vindeiro venres, día 11, ás 21 horas. A seguinte será o 27 deste mes en Nois e en novembro haberá 6 representacións: o día 2 en Fazouro, o 10 en Cangas, o 16 en Vilaronte, o 17 en San Acisclo, o 22 en Santa Cilla e o 30 en San Martiño. A última será o 1 de decembro en Cordido.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, explica que este programa “é unha iniciativa pensada para encher de vida os nosos locais sociais e ofrecer oportunidades de ocio nas zonas rurais para que tódolos veciños teñan a posibilidade de gozar das artes escénicas neste outono sen ter que desprazarse lonxe. Nesta primeira edición contamos coa colaboración dos tres grupos de teatro do concello de Foz: A Adala, de Fazouro; Axóuxeres, de Vilaronte; e O Batán, de Cangas. Dámoslles as nosas máis expresivas grazas polo esforzo que están a realizar en prol da cultura en xeral e da actividade do concello en particular.”


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz