22 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.10.2013

Obradoiro de orientación laboral

A Casa da Xuventude de Foz acollerá un obradoiro de orientación laboral o 24 deste mes. O prazo para inscribirse remata o día 21.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [5 Voto/s]

Foz, 3 de outubro de 2013.- A Casa da Xuventude de Foz acollerá un obradoiro de orientación laboral o día 24 deste mes. Empezará ás seis da tarde e durará dúas horas. O prazo para inscribirse remata o día 21.

A concelleira de Xuventude, Mercedes González Alonso, anunciou que “a través do programa Activa, o Concello de Foz ofrece o xoves 24 de outubro un obradoiro de orientación laboral, que se celebrará na Casa da Xuventude a partir das 18 horas. Aínda que vai dirixido á mocidade, poderán asistir todas as persoas que o desexen. Tan só deben inscribirse ata o 21 de outubro na Casa da Xuventude, través do teléfono 982.13.30.37 ou do enderezo electrónico xuventude@concellodefoz.es”.

Mercedes González explicou que “este obradoiro desenvolverase en dúas horas e abordaranse os seguintes temas: mellora da empregabilidade, ferramentas para atopar emprego, oportunidades en momentos de crise e o currículo e a entrevista de traballo”
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz