28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

30.09.2013

Día da bicicleta

O Día da Bicicleta de Foz contou con 150 participantes a pesar da choiva, feito que destacou o concelleiro de Deportes, Ánxel Paleo.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [39 Voto/s]

Foz, 30 de setembro de 2013.- O Día da Bicicleta de Foz, celebrado o pasado sábado, contou con 150 participantes a pesar da choiva caída durante o evento. Así o destacou hoxe o concelleiro de Deportes focense, Ánxel Paleo.

“Quería destacar sobre todo a grande participación que houbo a pesar do día de choiva que nos tocou. Non apetecía moito saír da casa pero veuse que a xente estaba animada e houbo sobre 150 participantes. Fixemos un percorrido de 14 quilómetros con saída dende a zona do porto ata a praia da Pampillosa, onde estaba o avituallamento e fixemos un pequeno descanso para recuperar forzas. Despois volvemos ao porto, onde tivo lugar a entrega de premios e trofeos”, relatou Ánxel Paleo.

Dos premios o concelleiro de Deportes destacou os galardóns “ao máis novo, que foi para Eva Fernández; ao máis veterano, que o levou Pedro del Riego; para a bicicleta engalanada presentáronse dous e entón déuselles trofeo aos dous: Josefina Alonso e Juan Corrales; e o do mellor disfrace foi para Lucas Suárez”.

Ánxel Paleo rematou agradecendo “a Club Ciclista Foz, Motos Baltasar, Namarinos, Burela Bikes, Living Sport, Peluquería Isabel López, Supermercados Froiz e Frutas Morriña a súa colaboración con donacións para o avituallamento e para os premios. E tamén á Policía Local e a Protección Civil, que se encargaron da seguridade”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz