25 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.09.2013

O alcalde de Foz aclara que reprobou as palabras do alcalde de Baralla sobre o franquismo e tamén criticou calquera exaltación da violencia.

Castiñeira desminte así as declaracións do BNG local sobre o ocorrido cando se abordou este asunto no pleno deste xoves.

Recomendar Imprimir Atrás

2.4/5 [43 Voto/s]

Foz, 27 de outubro de 2013.- O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, aclarou esta tarde que no pleno de onte reprobou as palabras do alcalde de Baralla sobre o franquismo e tamén criticou calquera exaltación da violencia. O rexedor desminte así as declaracións realizadas nas últimas horas polo BNG local sobre o ocorrido cando se abordou este asunto na sesión.

“O que dixen foi totalmente o contrario do que manifestan os representantes do BNG. Reprobei as palabras do alcalde de Baralla por consideralas impropias, exactamente igual que o portavoz do BNG. E aínda fun a máis, porque reprobei calquera exaltación da violencia, sexa fascista, etarra, yihadista ou incluso galeguista, poñendo como exemplo a Resistencia Galega”, explica Javier Castiñeira, quen engadiu: “pero non estou de acordo con que a corporación municipal focense suplante as decisións dos veciños de Baralla e dos afiliados do Partido Popular, que son os que deben decidir o futuro dos seus dirixentes”.

Castiñeira tamén considera que “vir agora con estas mocións é para desempoar un pasado escuro de España que xa estaba resolto por todos aqueles que participaron no seu momento nunha transición exemplar, instaurando en España unha democracia que é a envexa de outras moitas. Hai que mirar para o futuro e non se poden desempoar pantasmas anteriores”.

O alcalde focense cre que “detrás desta campaña está o señor Ermida e os asesores da Deputación, que están ao servizo do BNG de Foz e onte estaban no pleno con pasquíns e viñeron facer o que agora se demostra: tratar de terxiversar completamente as palabras do alcalde de Foz”. E rematou dicíndolle ao BNG que “non xogue con ese tipo de política barrio baixeira, porque se vai atopar nun lamazal do que non vai poder saír”.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz