16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.09.2013

Un pleno municipal moi positivo

O novo plan urbanístico de Foz estará a exposición pública durante dous meses para que os veciños do concello poidan revisalo e presentar alegacións.

Éste foi un dos principais asuntos acordados no pleno ordinario de onte, no que tamén se aprobou a conta xeral do ano 2012, que contempla un aforro neto de 463.600 euros.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [36 Voto/s]

Foz, 27 de setembro de 2013.- A Corporación Municipal de Foz acordou no pleno celebrado onte expoñer ao público durante dous meses o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, subliñou a responsabilidade coa que actuaron todos os grupos políticos neste asunto e tamén destacou que foi aprobada a conta xeral do ano 2012, que contempla un aforro neto de 463.600 euros.

PXOM

O rexedor fixo unha valoración moi positiva do pleno de onte: “había varios asuntos importantes que se sacaron adiante. E neste caso quero felicitar á Corporación que actuou con responsabilidade en cuestións tan importantes como é o PXOM. A súa exposición pública durante dous meses aprobouse por maioría absoluta na sesión plenaria de Foz. Unha vez que saia publicado no DOG os veciños poderán mirar en que situación quedan as súas fincas e no caso de que non estean de acordo coa disposición que pon o Plan Xeral poderán alegar”. Javier Castiñeira explicou que “tamén van recibir as alegacións que estaban sen contestar por parte do anterior goberno dende o ano 2007. Comeza unha nova conta atrás para o PXOM, un novo documento adaptado que o equipo redactor entregou estes últimos meses no Concello de Foz. Trátase dunha moi boa nova”.

Conta xeral de 2012


Na sesión plenaria de onte aprobouse a conta xeral de 2012, “que é moi positiva para o Concello. Son uns resultados positivos de 528.911 euros, que unha vez axustado queda en 447.992, o que supón un aforro neto de 463.600 euros, cubrindo a tendencia negativa que tiña o anterior goberno municipal. Neste sentido, igual que o ano pasado, o equipo de goberno actúa con responsabilidade parar que as contas municipais se saneen”.  O rexedor dixo que “estes resultados reportan que no ano 2012 volvamos sumar un remanente de tesourería, que queda en 132.000 euros, indo tamén en contra dunha tendencia que traía o anterior goberno de desgaste dese remanente que no ano 2007 chegou a ter 6 millóns de euros e que quedou no 2011 só con 30.000 euros. Agora retomamos esa tendencia en positiva, que ven referendar a boa xestión económica que está a facer este equipo de goberno”.

Castro de Lelle

Javier Castiñeira quixo agradecer “o apoio dos grupos maioritarios, Unifoz e PSOE, á moción presentada polo PP de Foz para que Deputación e Xunta acheguen a mesma cantidade que aportará o Ministerio de Cultura, que son 40.000 euros, para financiar a compra dos terreos e a posta en valor do castro de Lelle. A Deputación non quixo recibir ao alcalde nin ten interese en axudar, de feito o BNG votou en contra desta proposta; iso quere dicir bastante, que a Deputación de Lugo a instancias do BNG de Foz está a actuar de forma neglixente e sectaria”. E engadiu: “pedímoslle á Deputación desde PP, PSOE e Unifoz que faga ese esforzo na mesma medida que o Ministerio de Cultura e solicitámoslle á Xunta que despois poña en valor ese castro, unha vez que sexan municipais eses terreos. A pena é que quedase o voceiro do BNG defendendo intereses partidistas”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz