28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

25.09.2013

Moción de urxencia para solicitar á Xunta e a Deputación achegas de 40.000 euros para o Castro de Lelle

O goberno municipal de Foz presentará no pleno de mañá unha moción de urxencia para solicitar á Xunta e a Deputación achegas de 40.000 euros para o Castro de Lelle, como fará o Ministerio de Cultura.

O alcalde critica ao organismo provincial por non atender a súas chamadas para falar deste asunto.

Recomendar Imprimir Atrás

2.6/5 [15 Voto/s]

Foz, 25 de setembro de 2013.- O goberno municipal de Foz presentará no pleno que se celebrará mañá, xoves, unha moción de urxencia para que a corporación acorde solicitar á Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo achegas de 40.000 euros para o Castro de Lelle, que é o investimento que fará o Ministerio de Cultura. O alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira, critica ao organismo provincial porque non atende as súas chamadas para falar deste asunto.

O rexedor explicou que o obxectivo da moción de urxencia é que “todas as administracións competentes apoien do mesmo xeito o financiamento para a protección do Castro de Lelle, de San Martiño de Mondoñedo. É un castro de vital importancia, que se mantén nunhas condicións bastante boas e o Concello entende que debe ser un punto de xeración de turismo, ao estar moi cerca da basílica de San Martiño. Ata agora o que conseguiu o goberno local é que precisamente dúas das administracións competentes, tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Educación e Cultura, teñan comprometidos uns investimentos: no caso do Ministerio son 40.000 euros para a compra dos terreos, cantidade que non chegaría; e a Xunta de Galicia farase cargo da posta en valor unha vez que os terreos sexan municipais. A única administración que non foi capaz nin sequera de recibir ao alcalde, nin de informar nin de tomar unha soa decisión é a Deputación de Lugo, que precisamente é administración que máis competencias ten neste sentido. Polo tanto ímoslle pedir á Deputación de Lugo que faga o mesmo esforzo que as demais cun investimento neste castro, que reciba ao goberno do Concello de Foz e que trate do mesmo xeito aos cidadáns de Foz que ao resto”.

Javier Castiñeira critica “ao propio vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Veiga, pola falla de respecto que está tendo con este Concello. Aqueles que alardean de protexer o patrimonio galego e a cultura son os que de forma sectaria no reciben ao Concello de Foz para informalos de que existe un castro importante e que queremos conservalo para que forme parte do patrimonio de Foz e de Lugo. Cremos que hai motivos políticos sen ningunha razón, que son os que están levando á Deputación de Lugo a non recibir a documentación por parte do Concello de Foz. Creo que o señor Veiga está sendo unha marioneta dos seus asesores, concretamente do señor Moncho Ermida, que realmente entendemos que está sendo o verdadeiro escollo e obstáculo para que o vicepresidente da Deputación de Lugo reciba ao representante dos veciños de Foz”.

“Imos intentar que os grupos municipais apoien esta moción polo ben do patrimonio de Foz. Espero que así o fagan e tamén que a Deputación teña a ben apoiarnos na mesma medida e do mesmo xeito que o están a facer o resto das administracións”, rematou o alcalde.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz