18 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

25.09.2013

Arrancan as escolas deportivas municipais.

O vindeiro luns darán comezo as escolas deportivas municipais de Foz que inclúen 11 modalidades.

As novidades deste curso son skate/bmx, padel e zumba xuvenil.

O alcalde agarda que se incremente a cifra dos 100 matriculados que houbo noutras edicións.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [73 Voto/s]

Foz, 25 de setembro de 2013.- O vindeiro luns, 30 de setembro, darán comezo as escolas deportivas municipais de Foz con 11 modalidades. Ademais das actividades ofertadas nos últimos anos inclúen tres novidades: skate/bmx, padel e zumba xuvenil. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, agarda manter e incluso incrementar a cifra dos 100 matriculados  que houbo noutras edicións.

O rexedor dixo que “a Concellería de Cultura e Deportes ofrece a todos os pais e nenos a posibilidade de matricularse en diversas actividades dentro das escolas deportivas municipais. Estas darán comezo o vindeiro luns, 30 de setembro”. E subliñou que “aparte de manterse todas as actividades que había o ano pasado increméntanse e temos tres novidades: skate/bmx, padel e zumba xuvenil. Apóstase por estas tres modalidades porque están de actualidade e son demandadas pola poboación”. Javier Castiñeira sinalou que “o de Foz é un dos primeiros concellos que pon en marcha estas actividades nas súas escolas deportivas. Tamén haberá pequexogos, teatro, ximnasia rítmica, ballet clásico, multideporte, patinaxe artística, que ten moita demanda, tenis e obradoiro de cerámica”.

Javier Castiñeira engadiu que “todos os pais deben acudir a inscribir aos seus fillos na Casa da Cultura ou entregar o impreso cuberto o primeiro día de curso aos propios titores. Máis de 100 rapaces soen participar nestas actividades e coas novidades postas en marcha contamos superar os datos da pasada edición, na que se deron cita 105 rapaces e rapazas”.

Desde este enlace podededes descargar o folleto con toda a información.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz