15 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

25.09.2013

O Concello de Foz pon en marcha o vindeiro luns unha escola de pais e nais dentro do plan de redución do abandono escolar.

É unha iniciativa da concellería de educación, que dirixe Mercedes González Alonso.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [10 Voto/s]

Foz, 25 de setembro de 2013.- O Concello de Foz pon en marcha o vindeiro luns, 30 de setembro, unha escola de pais e nais dentro do Plan de Redución do Abandono Escolar, que continúa tamén con outras actividades. Anunciouno hoxe a concelleira de Educación e Xuventude, Mercedes González Alonso.

“Por unha banda segue activo o Servizo de Información e Tramitación de becas e axudas para estudantes na Casa da Xuventude. A través deste servizo pais, nais e estudantes poden tramitar as súas becas, informarse de axudas, etcétera. Para dar unha mellor atención establécese a cita previa a través do teléfono 982.13.30.37, evitando así esperas innecesarias”, explica a Delegación Municipal de Educación, que tamén lembra que “segue en funcionamento o blog de Educafoz no enderezo electrónico www.educafoz.com, onde se pode obter todo tipo de información en materia de educación”.

E, por último, dá a coñecer a posta en marcha da escola de pais e nais a partir do vindeiro luns, 30 de setembro, de 19 a 20 horas na Casa da Xuventude: “un proxecto que nace coa intención de servir de punto de encontro a pais e nais e para darlles as ferramentas necesarias para axudar aos fillos e fillas no seu traballo diario encamiñado ao éxito escolar. En ocasións os proxenitores senten a frustración de non poder botar unha man aos nenos e nenas nas súas tarefas, problemas,…  A través destes obradoiros aprenderán técnicas e compartirán experiencias sobre a educación”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz