18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

18.09.2013

Adxudicado o proxecto definitivo para a residencia de maiores e unha partida de 500.000€ para o ano 2014 para comenzar a obra.

Javier Castiñeira realizou unha valoración moi positiva da visita realizada a foz pola conselleira de Traballo e Benestar.

Beatriz Mato anunciou a adxudicación do proxecto definitivo para a residencia de maiores, unha partida de 500.000 euros a investir nesa dotación durante o vindeiro ano e a realización dunha obra necesaria na escola infantil a Galiña Azul.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [10 Voto/s]

Foz, 18 de setembro de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, valorou de xeito moi positivo a visita realizada á vila pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen anunciou a adxudicación do proxecto de construción da residencia de maiores e unha obra a realizar na escola infantil A Galiña Azul.

O rexedor subliñou que “a relación entre o Concello de Foz e a Consellería de Traballo e Benestar é moi boa. O anuncio por parte deste departamento da adxudicación do proxecto definitivo da residencia de maiores de Foz, que se está a traballar nel e que en datas próximas espérase ter rematado, é unha grande noticia para Foz. Supón o compromiso por parte desta Consellería e da Xunta de que nos orzamentos de 2014 irá unha partida de 500.000 euros para a construción desta infraestrutura”.
 
Javier Castiñeira insistiu en que “se trata dunha boísima noticia para Foz, que ven resaltar o traballo realizado durante estes anos. Ademais tamén nos confirmou que se farán unhas obras importantes para a gardería Galiña Azul: cubrirase o patio infantil que está descuberto e non se pode empregar cando chove”.

O alcalde focense destacou o compromiso da Consellería de Traballo e Benestar: “é un departamento comprometido co noso concello; é un departamento que outorgou unha escola obradoiro recentemente, unha máis porque xa tivemos unha a primeiros de ano e agora no mes de outubro empezaremos con outra durante seis meses que está composta de dous módulos: xardinería e albanelería; esta Consellería tamén duplicou a cobertura de dependentes en Foz pasando de 25 a 52 neste último ano; é unha Consellería que lle concedeu a Foz unha subvención de 120.000 euros para os nosos maiores e serviu para axudar ao asilo de anciáns e a asociación de discapacitados de Foz; unha Consellería que promoveu varios cursos aquí e que motivou a posta a punto da aula de formación de Foz. Alí se está a realizar un curso de xardinería para 15 persoas”.

Castiñeira dixo esta tarde que “a de Traballo e Benestar é unha  Consellería comprometida cos servizos sociais, comprometida co emprego; e nós o que facemos é ser agradecidos e dicirlle a Beatriz Mato que estamos moi contentos de que estivese aquí anunciando a adxudicación dese proxecto e esa obra a realizar no 2014 e que siga comprometida con Foz”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz