19 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

17.09.2013

Adxudicada a elaboración do plan de usos para o porto de Foz.

A Xunta de Galicia adxudicou a elaboración do plan de usos para o porto de Foz.

Anunciouno hoxe o alcalde, quen destaca que é un paso importante para a reorganización desa zona, que se converterá “nun referente náutico recreativo, pesqueiro, comercial e turístico”.

Recomendar Imprimir Atrás

2.2/5 [19 Voto/s]

Foz, 17 de setembro de 2013.- A Xunta, a través do ente público Portos de Galicia, adxudicou a elaboración do plan especial de usos para o porto de Foz. Anunciouno hoxe o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quen destaca que é un paso importante para levar a cabo posteriormente a reorganización desa zona, que se converterá “nun referente náutico recreativo, pesqueiro, comercial e turístico”.

O rexedor municipal manifestou que “desde o Concello de Foz acóllese con moi bo agrado a noticia por parte de Portos de Galicia de que está adxudicado xa o plan especial de usos para o porto de Foz, que é como o plan urbanístico que organizará o espazo portuario en base a unha suxestión que fixo o grupo de goberno no seu momento”. E destacou que “é un paso importante para que administrativamente esa reorganización que propuxemos sexa un feito. Unha vez que teñamos este plan especial de usos o seguinte paso será facer o prego para unha posible concesión público privada”.

Javier Castiñeira tamén explicou que “a empresa ICEACSA será a encargada de realizar este plan especial de usos, para o cal ten 5 semanas dende esta, polo que antes de que entre o mes de novembro estará listo”.

Este é un trámite administrativo necesario para despois levar a cabo a reorganización da zona portuaria e “tanto a Xunta de Galicia como o Concello de Foz consideramos que a mellor opción será unha concesión con eses usos previstos: para náutica recreativa e pesqueira, pero tamén comerciais, de equipamentos e de aparcamentos. Estamos convencidos de que dentro de uns anos será un dos proxectos máis importantes realizados neste concello”, comentou o alcalde, quen tamén salientou que “este equipo de goberno é o primeiro que iniciou estes trámites e, dende logo, o único que está facendo algo para que o porto sexa unha zona dinámica e de creación de actividade e de emprego e no seu momento sexa unha referencia non só para Foz senón para A Mariña na náutica deportiva e tamén no turismo, no comercial e nos equipamentos”.

Castiñeira rematou explicando que o obxectivo é usar “unha zona que actualmente está desaproveitada; esa é a intención deste grupo de goberno e de Portos de Galicia, para o que se están a dar os pasos necesarios para que no seu momento isto sexa unha realidade”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz