13 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

16.09.2013

Xornada sobre "Os menores e o uso seguro das redes sociais".

Ata este xoves está aberta a inscrición gratuíta para asistir e presenciar vía video conferencia a xornada sobre Os menores e o uso seguro das redes sociais.

As charlas terán lugar o 26 deste mes na Casa da Xuventude de Foz.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 16 de setembro de 2013.- Ata este xoves, día 19 de setembro, está aberta a inscrición gratuíta para acudir e presenciar vía videoconferencia a xornada sobre Os menores e o uso seguro das redes sociais que terá lugar o 26 deste mes entre as 16 e as 20 horas na Casa da Xuventude de Foz. Anunciouno a concelleira Mercedes González Alonso.

Os interesados en asistir poden inscribirse chamando ao teléfono 982 13 30 37, mandando un correo a xuventude@concellofoz.es ou a través dos perfís de facebook e de twitter do Concello focense.

As charlas serán por vídeo conferencia. Están destinadas a pais, nais, titores legais e formadores que desexen coñecer os riscos e consecuencias dun mal uso das redes sociais, a profesionais do sector que desexen ampliar os coñecementos sobre cuestións legais que afectas a estas ferramentas e en xeral a todos os usuarios que desexen ter máis información de cómo usar estas aplicacións dun modo seguro.

Na xornada intervirán María García del Concha Álvarez, fiscal delegada de criminalidade informática na provincia de Pontevedra; Gonzalo Sotelo Seguín, do equipo de delincuencia tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra; María de Sousa-Valadas Castaño, user support & translations manager de Tuenti; e Mª Rosario Soltero Mayor, diplomada en Informática e colexiada do CPETIG. Durante as catro horas de duración destas charlas abordaranse diferentes cuestións: o menor coma vítima ou responsable de delitos cometidos a través de internet; os menores e as novas tecnoloxías: benvidos ao deserto real; tuenti: privacidade e seguridade; e ofreceranse consellos técnicos para o uso seguro das redes sociais.
 
Esta actividade está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informáticas de Galicia, conta co patrocinio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Xunta e coa colaboración de Tuenti e do Centro Demostrador TIC.  

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz