23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

12.09.2013

Limpeza dos colectores de lixo das parroquias

Os colectores de lixo de Foz que hai nas parroquias están sendo limpados a fondo.

A concelleira de Medio Ambiente explicou que esta labor non se facía dende hai moitos anos.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [17 Voto/s]

Foz, 12 de setembro de 2013.- O Concello de Foz está limpando os colectores de lixo que hai en todas as parroquias do municipio. Esta labor non se facía dende hai moitos anos, como explicou a concelleira de Medio Ambiente, Maite López Rego, quen lembrou que nos recipientes para os residuos que hai na vila focense ese traballo levouse a cabo no pasado mes de xullo.

“Dende o comezo desta lexislatura o equipo de goberno está intentando mellorar o servizo de recollida do lixo. Agora tocoulle ás parroquias a limpeza dos colectores, porque nas distintas xuntanzas con veciños que tivo o alcalde durante o verán era unha das cousas máis solicitadas por estes. Comentaban que había moitos anos que non se limpaban, polo que buscamos unha empresa que fixera ese traballo dunha forma diferente, porque para nós non vale unha pasada por auga porque iso non soluciona nada. O que necesitábamos era unha limpeza máis a fondo”, explicou a edil de Medio Ambiente.

Maite López manifestou que nunha reunión cun dos responsables da empresa encargada de facer os traballos “el mesmo me comentaba o mal estado no que estaban os colectores, pola sucidade acumulada durante anos. Tamén lle chama a atención a cantidade de colectores que hai no concello, porque segundo el son demasiados para o número de habitantes que ten Foz”.

A concelleira tamén comentou que “o outro día lendo a prensa sorprendinme co que dicía o PSOE, porque falaban de que os colectores estaban sucios no casco urbano de Foz e non o entendo pois só hai dous meses que se limparon. Pregúntome como estarían entón na época en que gobernaban eles, na que non os limpaban. Pero está claro que é máis fácil ver a palla no ollo alleo e criticar antes de que me critiquen. Nós, alleos a todo isto, seguimos traballando para mellorar o servizo e non descansaremos ata que consigamos facelo o máis perfecto posible. Estou segura de que coa axuda de todos vámolo conseguir”.

López Rego rematou pedindo desculpas porque “seguro que algunha molestia ou algún problema se lle puido ocasionar aos veciños durante a limpeza dos colectores.”

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz